parlamento galego

O PP vota en contra do traspaso das funcións e servizos na ordenación e xestión do litoral

Luís Bará
Luís Bará
Luís  Bará acusou ao PP de aprobar unha lei en solitario cunha disposición que impedía o seu desenvolvemento e lamentou que, por segunda vez, votara en contra da proposta do BNG, “ unha vía legal e constitucional”  para o traspaso

O deputado do BNG, Luís Bará defendeu unha Proposición de lei para traspasar as funcións e competencias  en materia de xestión para o ordenación do litoral co fin de que sexa debatida no Congreso dos deputados e facémolo, dixo por segunda vez tras ser vetada  polo Partido popular no mes de xuño. Naquel momento o PP, xa  rexeitou a posibilidade de sometela a trámite.

O nacionalista que  a lei do litoral foi aprobada no mes de xuño unicamente cos votos do Partido popular e posteriormente, o Goberno central anunciou un recursos de inconstitucionalidade que foi admitido a trámite polo Tribunal Constitucional no mes de decembro suspendendo 31 artigos da lei, unha suspensión de facto, dixo o deputado,  xa que a lei aprobada no Parlamento incluía unha disposición que dificultaba  grande parte dos seus contidos como o referido ás “competencias en materia de autorizacións e concesión no dominio público terrestre” que  quedaba supeditado á transferencias das competencias.  Esta circunstancia, recalcou Bará,  demostra, que o núcleo duro da lei  está en suspenso pola propia redacción da lei do Partido popular, e a lei sen esa competencia, “é papel mollado”.

O parlamentario do BNG explicou que para vencer esa barreira, o BNG propón  “unha vía legal e constitucional” e facer posible o traspaso da xestión das funcións e servizos e poder executar as competencias en materia de litoral porque sen o traspaso “non se pode facer nada no dominio público marítimo terrestre”.

O BNG propón unha vía legal e constitucional para resolver o conflito

Para a deputado é lamentable que o PP non apoiara a primeira vez a proposta  que hoxe volvemos a traer á Cámara galega porque “teriamos avanzado moito” pero a intención do Partido popular sempre é a mesma “retrasar os avances en Galiza e ser un atranco para o autogoberno”. Contra este retroceso, dende o BNG, “queremos avanzar” desde  o diálogo e o acordo porque Galiza  debe ter plenas competencias no litoral e avanzou que o BNG defenderá todas as vías posibles para conseguilo.

Galiza, agresou, conta con 2.555 km de costa, incluíndo as illas e marismas. O territorio costeiro representa o 15%  do territorio con 71 concellos nos que vive a  metade da poboación galega e cunha importante actividade económica. Mobiliza 8.800 M€ ao ano, o 5% do PIB e move 40.000 empregos,  e o  “50% de todo o emprego marítimo pesqueiro do Estado español” e somos a décima potencia exportadora de todo o mundo. A maiores, o nacionalista salientou a “enorme riqueza biolóxica de diversidade natural nas rías e a plataforma continental”.

Menos formigón e menos depredación

Protexer todo este potencial precisa de criterios de sustentabilidade e respecto polo medio desbotando todas aquelas medidas de presión urbanística e ocupación innecesaria como pretende o Partido popular, “menos formigón e menos depredación”.

Por outra parte, reivindicou a condición das competencias de Galiza recollidas no artigo 37 do Estatuto, tanto “do territorio como do litoral”  ao que sumou as recomendacións do Consello Consultivo sobre o desenvolvemento das competencias.

Dende o BNG defendemos a competencia galega do litoral e rexeitamos o recurso do goberno central. Urxe abrir un diálogo e reunir a comisión bilateral de Cooperación pero todo indica que non interesaba este diálogo ao existir outras intencións que non eran outras máis que “ impedir a  transferencia e crear un conflito co Goberno central que tragou o anzol e por iso presentou o recurso”.

Gran parte da lei do litoral pode acollerse a outras normas que na actualidade xa están en marcha pero ao PP “non lle interesa”. A Xunta actuou con présas e ás portas dunhas eleccións xerais, mesmo vetando o informe do CES e a súa presenza no trámite da lei.

O deputado lamentou que o PP impedira a toma en consideración da proposta nacionalista para que a lei continuara o seu trámite e acusou á Xunta do Partido popular de non ter conseguido “ningunha transferencia en 14 anos”.

Bará concluíu a súa intervención acusando ao PP de querer defender, no ano 2021 os intereses de ENCE “ameazados por un cambio de posición do Goberno central sobre as concesións do dominio público marítimo terrestre”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG