O PP vota en contra da iniciativa do BNG para cubrir a praza de pediatra no centro de saúde de Mondariz

Luís Bará
Luís Bará

Luís Bará lamentou o voto do PP en contra da proposta nacionalista e denunciou que o Partido popular continúa na senda de desmantelar  o sistema sanitario galego

O deputado do BNG reclamou hoxe, na comisión de Sanidade, a través dunha proposición non de lei cubrir a praza de pediatra e  garantir a horario completo este o servizo no Centro de Saúde de Mondariz.

Bará solicitou un acordo de todas as forzas políticas para dar solución a problema xerado no centro que atribuíu á política do Partido popular iniciada durante o verán coa decisión de non cubrir as baixas e vacacións da titular de pediatría do centro de Mondariz. A partir das queixas da veciñanza, o PP utilizou  “o parche” de prolongación de  xornada doutra profesional desprazada algúns días ao centro de Mondariz, consulta  que foi posteriormente suspendida a mediados do mes de novembro ao  derivar  o servizo a Ponteareas.

A pesar do  slogan do Partido popular, -Galiza, rural ízate-, dixo, deputado do BNG “o PP continúa recortando en servizos básico no medio rural” de aí a resposta social para   defender a   pediatría e  non ter que desprazarse a 30 Km  a un centro de saúde.

Bará lembrou os concellos derivados a Ponteareas atenden  a 300 persoas  o que supón unha saturación da prestación sanitaria  para este centro que conta con tres pediatras con 4.000 cartillas para atender.

O deputado apelou ao acordo parlamentario para manter a permanencia da Atención primaria en Mondariz ao que sumou a grande mobilización do pasado día 12 na que os colectivo veciñais, Asociacións das AMPAS, comerciantes, de montes e as propias alcaldías reclamaban manter o servizo médico de pediatría. O Sergas pola súa parte alega non ter profesionais pero curiosamente, dixo o nacionalista, despois das protestas foron cubertas as prazas en Cuntis e Moraña así como en Ponte Caldelas e A Lama.

O PP REXEITA CUBRIR A PRAZA DE PEDIATRA EN MONDARIZ

A portavoz do Partido popular, Encarna Amigo afirmou  que a Consellería de Sanidade  é consciente dos problemas da falta de pediatras porque os mir son insuficientes para atender a demanda. Para o BNG, o Partido popular segue coa súa estratexia de “demolición do sistema sanitario público”.

O deputado do BNG reiterou que a Xunta é coñecedora do problema pero continúa facendo demagoxia mentres os nenos e nenas de Mondariz non teñen a atención sanitaria axeitada na Atención Primaria por falta de pediatra. Bará criticou o desleixo do Partido popular no ámbito sanitario coa intención de continuar coa súa axenda de desmantelamento. O proceso é o mesmo en toda Galiza, “os e as pediatras xubílanse e esas prazas non se cobren”. Dende o BNG non queremos que ningún neno ou nena de Mondariz teña que desprazarse para ser atendido polo que volveu reclamar que se cubra a praza en horario completo.

 

A proposta do BNG contou co apoio das forzas da oposición pero os votos en contra do Partido  popular impediron que prospera.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG