Olalla Rodil: “É máis barato un billete de baixo custe a Londres que ir e vir de Vigo á Coruña pola AP-9”

Olalla Rodil
Olalla Rodil

O BNG acude con “cautelas” á Comisión de estudo da vaga de lumes   e critica que o PP dilate ata o mes de xaneiro as comparecencias

O BNG propón instaurar o 1 de decembro “Día da dignidade nacional de Galiza” en lembranza do Prestige

A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Olalla Rodil anunciou, trala reunión da Xunta  de portavoces,  que o BNG centrará a pregunta de control a Feijóo “nas consecuencias da súa incompetencia” como demostra  o anunciou dunha nova suba das peaxes da AP-9 cun incremento de máis do 3% para o 2018 que engordará máis aínda o negocio de AUDASA”. Hai xente, afirmou Rodil, “que rouba fora da lei e outra utiliza o boletín oficial do Estado”. Nós preguntámonos é  “Feijóo  cómplice da subida das peaxes”?

“Ir e vir a Coruña resulta máis caro que comprar un billete de baixo custe dende Lávavola a Londres” e este é   o panorama que nos deixa o Presidente da Xunta a todos os traballadores e traballadoras deste país.

Rodil insistiu en que o negocio de AUDASA recadou no ano 2016 máis de 45 millóns de euros mentres Feijóo sacaba peito sobre un acordo co goberno español afirmando que todas as decisións relativas á  AP-9 serían coparticipadas entre Fomento e a Xunta pero todos  os galegos e galegas puidemos constatar  o veto do Goberno de Mariano Rajoy e  Ana Pastor  ao debate da transferencia desta infraestrutura a Galiza.

Por outra banda, a viceportavoz nacionalista anunciou  que na vindeira sesión plenaria serán tratadas dúas propostas de lei: a Lei de Portos incluída pola Xunta para o seu debate e a Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola CIG referida á “tarifa eléctrica galega”. No trámite de ponencia da ILP, explicou Rodil, o Partido popular “desvirtuou esta iniciativa” mesmo mudando o propio título da mesma e  lamentou perder  a oportunidade de sacar adiante unha proposta, amplamente apoiada  para que “Galiza saque proveito de ser unha potencia en materia enerxética”.

Ter unha tarifa propia en Galiza, recalcou, “faría máis competitivas as nosas empresas e facilitaría o  asentamento no noso país  de novos proxectos empresarias”. 

COMISIÓN DE ESTUDO VAGA DE LUMES

O BNG acude con “cautelas” á Comisión de estudo da vaga de lumes e criticou que o PP dilate ata o mes de xaneiro as comparecencias. Para a viceportavoz, o Partido popular xoga cun discurso diferente en función de si está no goberno ou na oposición. O BNG tentou  apurar os tempos e os trámites  para iniciar as comparecencias no mes de decembro pero o grupo parlamentario do Partido popular negouse, engadiu. Nós queremos que esta comisión funcione e aclare a vaga de lumes do mes de outubro pero ademais  que sirva para poñer enriba da mesa propostas que  senten  as bases para unha nova xestión do monte fuxindo da concepción exclusivamente forestal e abordando  a súa multifunción e  protección. Sen embargo, dixo, dende o  BNG, “vemos como o PP quere dilatalo  todo no tempo”.

1 DE DECEMBRO, “DÍA DA DIGNIDADE NACIONAL DE GALIZA” 

Entre as cuestións que serán  debatidas  á proposta do BNG no vindeiro pleno, destacou o financiamento autonómico,  “queremos coñecer a proposta do goberno galego nesta materia”, e ante a conmemoración das manifestacións do 1 de decembro pola catástrofe do Presetige, o BNG proporá instaurar este día como o “Día da dignidade nacional de Galiza”. Coincidindo cos 15 anos da maior catástrofe ambiental en Galiza, queremos que se recoñeza ao pobo galego a súa capacidade para “pórse en pe” e saír adiante por nós mesmos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG