Parlamento Galego

Noa Presas defende “o voto particular do BNG “ ao Ditame da comisión de estudo da Igualdade por carecer de compromisos reais

Noa Presas
Noa Presas
O BNG apelou a un gran acordo de todas as forzas  para un  “pacto contra a violencia machista” dotado de  orzamento, planificación e seguimento, no prazo de dous meses  

A deputada do BNG, Noa Presas defendeu hoxe o “voto particular” ao Ditame da comisión de Estudo da Igualdade e para os dereitos das mulleres  por considerar que “non supón ningún compromiso diferente aos recollidos na Lei”, e polo tanto, “carece de compromisos reais”. O voto particular do BNG foi rexeitado polo grupo maioritario do Partido popular. O ditame emitido pola comisión non permanente de Estudo da Igualdade foi aprobado cos votos do PP e a abstención de todos os grupos da oposición.

Presas lamentou a negativa do Partido popular a incluír as emendas do BNG ao ditame entre as que destacou, destinar o 1% dos orzamentos para a loita contra a violencia machista. A deputada replicou a portavoz popular, Paula Prado que non é posible pedir consenso e votar a favor dun plan de traballo no ao 2014 e 2017 e ao tempo, permitir o seu incumprimento. Vostedes, dixo, pretenden que  o BNG “non  poña ningún reparo” pero a cuestión, explicou é que o obxectivo era  avaliar o cumprimento da  lei de violencia machista e “non se cumpriu”. Esa avaliación, afirmou  “só está no voto particular do Bloque nacionalista Galego”.

A nacionalista volveu a defender a figura “do feminicidio”, unha figura, explicou,  que foi  cuestionada  por algunha das comparecentes na comisión de estudo da violencia machista  porque discriminaba ás persoas trans. Sería o colmo, ironizou,  que a forza política que votou en contra da Lei Trans proposta polos colectivos galegos agora pretenda acusar ao BNG de Transfobo por defender o feminicidio.

Nós, engadiu Noa Presas, “abstémonos porque houbo un esforzo por parte de todas as partes para buscar un texto co maior consenso e continuar nesa liña, e  aí teranos vostedes”  pero reclamou da Cámara galega non facer seguidismo do pacto estatal porque “non foron cumpridos os compromisos económicos e tres anos despois, seguimos exixindo que sexa asumida unha definición máis ampla de violencia machista”. Temos que pensar na nosa propia historia e avanzar a partir dos  acordos do ano 2007,  “aí tamén terán vostedes  ao BNG”, reiterou.

A deputada  lembrou que no 2017, o BNG defendeu unha moción para un “gran pacto de loitar contra a violencia machista” e afeou ao Partido popular que nesta ocasión non asumira a emenda  para comprometer nun prazo de dous meses “orzamento, planificación e mecanismos de seguimento”. O BNG, “non terá ningún problema en votar co partido maioritario do PP si este pon enriba da mesa un cambio e un compromiso real” e volveu a  emprazou a portavoz do Partido popular, Paula Prado a comezar a traballar polo “pacto galego”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG