O BNG manifesta publicamente o seu rexeitamento á decisión da empresas Naturgy, antiga Gas Natural-Fenosa, de rescindir de maneira “unilateral” os contratos con 106 plantas de empresas auxiliares do automóbil, a maioría delas situadas na comarca de Vigo, e prestadoras de servizos ao grupo PSA ás que incrementarán o prezo do recibo da luz ao non manter un contrato asinado con vixencia até xullo do ano 2019 que supuña un aforro do consumo eléctrico de até “o 12% sobre o prezo do mercado”.
Bará explica que o contrato foi o logro dun beneficio conseguido nunha negociación por parte do cluster de empresas de automoción de Galiza e dende o BNG , afirma, consideramos que este tipo de medias son beneficiosas polo que a Xunta de Galiza debe implicarse para defender este sistema de contratos e a competitividade das empresas galegas que se benefician da redución do prezo da electricidade.
Para o nacionalista, a decisión de Naturgy constata a necesidade de que Galiza conte cunha tarifa eléctrica galega e que a Xunta demande do Goberno central o seu establecemento nun servizo do que somos, recalcou, “excendentarios, produtores e exportadores”.
Bará cualifica de “novo abuso” a decisión da empresa Naturgy e reitera a reclamación para que a Xunta de Galiza se implique na procura dunha solución.