A deputada do BNG, Montse Prado afirmou que Goberno mudou de parecer para non incluír a vacina no calendario vacinal a pesar de que as evidencias científicas seguen sendo as mesmas.
A parlamentaria do BNG, Montse Prado preguntou hoxe ao Goberno cando será incluída a vacina do Meningococo B no calendario de vacinación e que opinión lle merece a situación de "discriminación e desigualdade" por razóns económicas para o seu acceso.
Na súa intervención, a nacionalista explicou que o comportamento do goberno é errático e sen vontade de resolver o problema de desavastecemento das vacinas cando moitas familias galegas deben desprazarse a Portugal a mercala xa que no país veciño afirmou "non hai listas de espera nin escaseza do medicamento.
Pola súa parte, a directora xeral de Saúde Pública, Sonia Martínez Arca asegurou que as evidencias científicas son as mesmas en Galiza e Portugal pero nese país non hai problema de subministro porque os pediatras non a prescriben, e argumentou que non está claro o beneficio colectivo da vacina.
A parlamentaria lamentou que a directora xeral volvera a utilizar a falta de evidencias científicas cando resultan ser as mesmas. O Goberno decidiu que a vacina era relegada a uso hospitalario ou dispensación libre nas boticas, pero o Partido popular cambio de parecer o que demostra, a todas luces, dixo a nacionalista que os motivos non son de tipo científico. Montse Prado retomou a intervención de Martínez Arca quen afirmara que o Goberno non pode ceder á presión de determinados grupos ao que Prado replicou que non ceder a presión significa que se faga investigación pública e que as administracións públicas sexan as donas das vacinas. Vostedes, abondou a nacionalista, non están dispostos a quitarlle a prevalencia a industria farmacéutica.
Montse Prado insistiu en que existe unha grande desconfianza entre a poboación ante o vai ven da Xunta á hora de incluír a vacina ou non e só os que teñan cartos podan mercala.
Asemade a parlamentaria asegurou que a Asociación de Pediatría está en contra da posición da Xunta e a propia Axencia europea do medicamento autoriza a vacina e afirma que é efectiva cun alto nivel de inmunización contra unha patoloxía gravísima.
A deputada concluíu denunciando que o Goberno autoriza a unha empresa a subministrar a vacina a pesar de que non pode garantir o subministro, sen embargo, en Portugal cando chaman os pais e nais galegos responden que non hai problema e non é necesario reservar mentres en Galiza hai unha dose cada tres meses por botica, algo deben facer vostedes para resolver esta situación, reiterou.