As deputadas do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, presentaron hoxe emenda á totalidade aos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015 porque son contrarios ás necesidades das maiorías sociais e son inúteis para dinamizar a economía galega.
O BNG considera que estes Orzamentos reinciden en políticas fracasadas para facer fronte á crise económica. Persístese na idea de reducir o Estado de Benestar e continúase coa estratexia da devaluación interna, mediante a conxelación dos salarios dos traballadores públicos e a práctica conxelación das pensións.
No referente ás partidas destinadas a Galiza, Davial afirma que son uns orzamentos inúteis para dinamizar a economía galega, e prosiguen cos artificios orzamentarios de anos anteriores: unha cousa é o que se pón sobre o papel e outra o grao de execución. Así, o AVE Olmedo-Lubián-Ourense dótase con 578,1 millóns, unha cifra similar aos 571,3 millóns do presente ano 2014, e grazas ao proxecto para o 2015 coñecemos que o investimento previsto será de 353,4 millóns, é dicer, pouco máis da metade do orzamentado. O Goberno recoñece que deixará de executar máis de 200 millóns, outro exemplos dos seus incumprimentos.
A portavoz do BNG salienta que Galiza é o territorio onde o investimento medra en menor intensidade. Así, o investimento na Galiza pasa de representar o 13,8% do conxunto do investimento territorializado no estado en 2014 a representar o 12,4%. Lembra o retraso que padecen moitas infraestruturas proxectadas, e reprocha que non se contemplen actuacións para dinamizar comarcas como Ferrolterra, prolongando até Ferrol o Eixo Atlántico. Critica a falla de investimentos necesarios para dinamizar a economía de Galiza como o saneamento das rías galegas, ou actuacións para sectores produtivos básicos como o naval, o agro ou a gandería.
Benefician á banca, ás compañías eléctricas e armamentísticas
Para o BNG trátase duns Orzamentos que benefician os intereses da banca, das compañías eléctricas e armamentísticas a costa das maiorías sociais. Este proxecto aboca a máis empobrecemento ás clases sociais máis desfavorecidas. Para Davila é un proxecto claramente regresivo no referente a políticas sociais como se pode ver en Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, cuxa dotación descende un 5,6%.
O escándalo das partidas para Defensa
En canto á Educación prima a contención ou a práctica conxelación das partidas como as relativas a bolsas e axudas de carácter xeral ou á atención á dependencia. Se imos ao capítulo de I+d+I, a investigación científica e técnica ve reducida a súa dotación nun 1,5%, ao igual que a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico-industrial e o ensino universitario. Hai unha total falla de compromiso coa economía produtiva e a xeración de emprego.
Outro aspeito que destaca a portavoz do BNG, Olaia Fernández Davila, é o relativo a Defensa. Vóltase privilexiar o I+D militar, onde programas como o apoio á innovación tecnolóxica en defensa ve incrementada a súa dotación 220,3 millóns, un incremento dun 64,1% respeito ao ano anterior. Pero Davila destaca o que considera o escándalo maior que é o grande engano contábel dos últimos anos. Defensa ve aumentada as súas partidas anos tras anos sin que apareza nos orzamentos, mediante o exercicio dos créditos estraordinarios.