A Deputación de Ourense, a concurso de acredores e despois iniciar a súa liquidación

Francisco Jorquera acusa a “Baltar II” de soster un modelo ao servizo do “clientelismo político”Paco en Comsión

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera volveu recalcar hoxe, na presentación dos orzamentos da Deputación de Ourense para o 2014, que o BNG reclama suprimir as deputación provinciais.

Jorquera rexeitou o modelo destas institucións obsesionado “pola uniformidade, o clientelismo político e favoritismo no reparto de recursos públicos”.

O nacionalista suxeriu “declarar en concurso de acredores a Deputación de Ourense e iniciar o seu proceso de liquidación”.

Na súa intervención, Francisco Jorquera criticou que as deputacións destinen boa parte do seu orzamento a gasto corrente e o mínimo en investimentos e prestación de servizos.

Jorquera, que en todo momento se dirixiu ao Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar como “Baltar II” explicou que o 75% dos ingresos das deputacións galegas proveñen das transferencias doutras administracións, no caso de Ourense o 83%, 3,2 pontos máis que en 2012, de novo, dixo, a Deputación de Ourense leva a palma cun gasto corrente do 75,4 por cento debido o alto peso de persoal. O investimento, pola contra, só representou o 15,1 % no ano 2013.

O parlamentario criticou as contratacións de persoall no ano 2010, “542 persoas, non está mal, dixo, en tempos de crise”, e tendo en conta ademais, que a maioría dos concelleros do PP da provincia de Ourense, tamén traballan na Deputación así como os seus familiares directos.

Baltar II non mudou a política do seu predecesor

A política que vostede fai “non se afasta da do seu pai, Blatar I” levado ante a Xustiza por utilizar os recursos públicos para manter a “estrutura Baltar” dentro do PP.

Fiixo un ERE para despedir traballadores non a fin, ERE que botou abaixo o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e agora anuncia para o 2014, un descenso de 300.000 euros en gasto de persoal e vendeo como un gran xesto de que “chegan novos tempos”, sen ambargo, volven as andadas contratando a 140 persoas, sen perfil nin formación, para traballar en políticas sociais.

A que vostede dirixe, dixo, “é unha das institucións máis famosa en todo o Estado polo número de porteiros”. Ademais converteuna nun auténtico “burato negro de 22 millóns de euros” co Urbaourense no que colocou de xerente a un ex alto cargo en paro para promover o solo empresarial e a vivenda, “non se vendeu un só metro cadrado nin vivenda” pero despois de disover Urbaourense buscáronlle acomodo a esta persoa.

Urabaourense e Inorde dúas máquinas de tragar cartos

Jorquera afirmou que ambos organismos non produciron ningún tipo de resultado práctico na economía da provincia ao igual que o Plan Impulsa, supoñemos, ironizou, que están na mesma gaveta que os contratos de Núñez Feijóo con Pemex.

Os expedientes abertos pola oficina europea de loita contra a fraude por mal uso de fundos europeos, as microdepuradoras e a compra de cabalos tamén foron criticados polo nacionalista que preguntou como pensa afrontar a devolución de 12 millóns de euros por utilización fraudulenta dos fundos de Europa.

Todo polo tinglado

En vez de suprimir as deputacións que non son outra cousa máis que institucións “caducas e obsoletas”, o PP pretende reforzalas para que o Goberno central exerza o control político sobre o territorio, concluíu o nacionalista.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG