O Consello Nacional do BNG aproba o orzamento de 2018 e coloca a débeda da organización en mínimos históricos

contas-2018-1
contas-2018-1

O Consello Nacional do BNG, na súa última reunión, aprobou o orzamento da nosa organización correspondente ao ano 2018. En cumprimento das normas que nos temos dotado, pasamos a comunicar a toda a militancia estas previsións de gastos e ingresos, e a continuación penduraremos esta información na web nacional, facéndoa pública.

contas-2018-3contas-2018-4contas-2018-5

Ademais, incluímos información relativa ao estado xeral, e á súa evolución, das finanzas nacionais do BNG.

En relación coa situación xeral das finanzas do BNG, achegamos por unha parte a evolución da débeda (da que continuamos a realizar un cumprimento estrito da súa amortización), situándonos neste 2018 nos 685.817,72 euros de endebedamento, xa lonxe dunha situación de partida realmente preocupante.

contas-2018-1Incluímos tamén a evolución do patrimonio neto do BNG, por vez primeira positivo, despois de moitos anos.

contas-2018-2

A conclusión é ben clara: A entrega militante e o traballo da súa base social organizada fan do BNG un caso único no concerto de formacións políticas existentes na Galiza e no Estado español. Non hai ningunha outra en que o compromiso da súa militancia supoña unha porcentaxe similar nos ingresos (por cotas de militantes, doazóns e achegas de cargos institucionais, venda de lotaría e material de propaganda), segundo os propios informes de fiscalización oficiais. Así, para o exercicio 2018, as achegas por esta vía supoñen o 65% do total de ingresos, fronte ao 35% de subvencións. Caso único no Estado.

Todo isto cobra máis valor tendo en conta o impacto da crise económica nunha parte moi importante da nosa militancia: os dramas do desemprego, da emigración, da precariedade e explotación no posto de traballo, dos baixos salarios, non son situacións alleas á vida dun segmento relevante da nosa militancia, o que repercute na capacidade económica colectiva.

Segundo o aprobado na Carta Financeira en vigor, os informes económicos están a disposición da militancia. Cada militante ten dereito a obter información sobre a situación económico-financeira da organización. No caso de desexares obter datos máis detallados non tes máis que pórte en contacto coa sede nacional do BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG