O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o voceiro municipal da formación nacionalista na cidade de Ferrol, Iván Rivas, avalían o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para a cidade e reclaman novos investimentos para rematar coa crise económica e social que atravesa Ferrol e a súa comarca. A recuperación da Ría, carga de traballo en Navantia e a compensación de Defensa serán as apostas da formación nacionalista para os vindeiros OXE.
Após unha reunión entre o Consello Local do BNG co deputado da formación no Congreso, Iván Rivas e Néstor Rego avaliaron o proxecto de orzamentos presentado esta semana na cámara baixa do Estado. Ambos coinciden en que “non responden on responden ás urxentes necesidades do País”. Non serven para recuperar o déficit, particularmente nas infraestruturas do ámbito ferroviario.
“Supón un mellor punto de partida” analizan ambos cargos institucionais ao sinalar que ten partidas para desenvolver o Eixo Atlántico e mercadorías. O que comprobamos é que a maior parte das necesidades do noso País seguen sen ser atendidas nos Orzamentos Xerais do Estado. “Preocúpanos que estes Orzamentos non reflictan sacar a pretensión de sacar a Ferrol do seu declive” enfatiza Rego.
Nos anteriores OXE, a formación nacionalista presentou emendas para converter a Navantia nun complexo industrial que permitira tamén saír do encorsetamento da construción naval militar “que ten unha capacidade limitada”. Ese continúa sendo o obxectivo da formación nacionalista, que Navantia xere máis postos de traballo por ser un factor dinamizador económico desta cidade.
Deste xeito, tamén anuncia que levarán o illamento de Ferrol en materia de infraestruturas, particularmente en infraestruturas ferroviarias. “É sorprendente que só se consigne unha cantidade, que non chega a ser nin simbólica, de 17 mil euros para a modernización da liña ferroviaria entre Coruña e Ferrol e para a construción do baypass de Betanzos” explica Rego. O que significa é que, por parte do executivo estatal, non existe a pretensión de executalo nin de iniciar os traballos de modernización da liña ferroviaria.
“O FEVE veu facendo a tarefa de servizo de proximidade mais hoxe non resulta operativa nas condicións en que traballa pero que pode recuperala se se dan os investimentos adecuados” subliña. Neste sentido, Rego adianta que a formación nacionalista apostará pola instalación do servizo de proximidade na Galiza.
Outra das cuestións anunciadas foi a necesidade de rexenerar a Ría de Ferrol. “Comezar un plan de rexeneración e rehabilitación da ría que actúe fundamentalmente en dous eixos: a eliminación dos lodos dos fondos e a eliminación de barreiras e infraestruturas que non permiten a rexeneración” explica o deputado do BNG.
“O Ministerio de Defensa non está a pagar polo terreo que está ocupando. O Estado ten que estabelecer unha compensación económica, e nos Orzamentos do ano pasado xa emendamos cun millón de euros, para Ferrol” enfatiza Rego. Comprométese a seguir traballando até conseguir a recuperación “social e económica” da cidade.
Pola súa banda, o voceiro do BNG en Ferrol, Iván Rivas, denuncia o desmantelamento de servizos que está a realizar a Xunta de Galiza e critica o abandono do executivo estatal co sector chave na cidade de Ferrol. “Comeza a ser cansino por repetitivo pola falta de compromisos. Isto demostra que existen dúas problemáticas: a desafección total do executivo estatal e a condescencia dos partidos de carácter estatal coa cidade de Ferrol”.
“A actitude totalmente sumisa que ten PP, PSOE e incluso Podemos respecto a toma de decisións ou, neste caso, a falta de toma de decisións. O que precisa esta cidade é romper coa inercia na que levamos inmersos durante moito tempo para poder encarar o futuro con dignidade” conclúe Rivas.