A deputada Ana Pontón afirmou que os últimos Orzamentos da Lexislatura continúan na senda das políticas que causaron paro, pobreza, desigualdade, inxustiza e consolidou a Galiza como un país Low Cost. A parlamentaria lamentou que, unha vez máis, "o rodillo" do Partido popular non aceptara nigunha das emendas presentadas pola oposición.
Pleno.- A parlamentaria do BNG, Ana Pontón pediu a retirada dos últimos Orzamentos da lexislatura e modificar a estrutura de gastos. A deputada manifestou os orzamentos camiñan na senda das políticas que causaron paro, pobreza, desigualdade, inxustiza e consolidan a Galiza como un país Low cost.
A política do Goberno dixo, deixou na cuneta a persoas que sufriron con maior crueza unha crise causada pola banca e un modelo colapsado e estes orzamentos, recalcou, insisten nunha política errada consolidando o papel marxinal e espolio do noso país.
As políticas do Goberno popular e de Feijóo,engadiu, incrementaron o desmantelamento do tecido producido, as desigualdades e agudizaron os problemas de Galiza antes da crise. No ano 2014, explicou a nacionalista, dous de cada dez fogares declaran ter moitas dificultades para chegar a fin de mes e segundo os datos de Cáritas existen en Galiza máis de 600 mil persoas en risco de pobreza e exclusión social, circunstancia que o Goberno sempre intentou minimizar. Por outra parte, temos 177.000 persoas en paro sen prestación que viven grazas ao colchón da solidariedade familiar e vemos como durante a crise desenvolvéronse novas formas de pobreza en xente traballadora con salarios que non lles permiten chegar a fin de mes.
A deputada criticou que nove de cada dez empregos sexan precarios cunha duración dunha semana, un mes ou por horas, iso, dixo, non é crear emprego de calidade e lembrou que un de cada tres traballadores cobran menos de 1.000 euros e tres de cada dez están por debaixo do salario mínimo interprofesional.
Xa no debate sobre as emendas, Pontón criticou que o goberno non aceptara ningunha das máis de 450 presentadas polo BNG destinadas a modificar o que cualificou de prioridades entre as que destacou as destinadas a: crear emprego e contra a precariedade, loitar contra emigración, a defensa do medio ambiente, garantir os dereitos sociais e servizos públicos e emendas que defendan a nosa lingua e cultura.
Emendas defendidas polo BNG
Presidencia: Rectificar as políticas de recortes en Igualdade e prevencións da violencia de xénero con medidas reais para erradicar as causas con catro millóns de euros para promoción da Igualdade.
Turismo: Mudar o modelo centrado exclusivamente no Camiño de Santiago e diversificar o turismo cun Plan estratéxico dotado con catro millóns de euros.
Emigrantes: Dotar con 2,3 M para garantir a prestación pública sanitaria aos emigrantes despois do desmantelamento do centro hospitalario de Bos Aires.
Vicepresidencia: Recuperar os niveis do ano 2009 para cooperación e rescatar os servizos públicos privatizados como os parques de bombeiros dotándoos de 7,7 M e destinar 3,6M para incrementar o emprego público nos concellos.
Facenda: Dotación de 2,8 millóns de euros para loitar contra o fraude, evasión e elusión fiscal practicadas polas grandes empresas e grandes patrimonios e crear unha oficina de control orzamentario como instrumento para confirmar a execución das partidas aprobadas no Parlamento.
Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: Destinar 12 millóns de euros para rexenerar as rías priorizando a Ría do Burgo e a de Ferrol cun alto nivel de contaminación. Sobre os residuos, Pontón defendeu apostar pola compostaxe en plantas comarcais e manifestou o seu rexeitamento ao modelo SOGAMA. Incrementar as axudas por fauna salvaxe e aumentar os espazos protexidos foron algunhas das propostas nesta materia.
Infraestruturas e transporte: Reducir o gasto en cemento e incrementar e rescatar as políticas sociais de vivendas, unha das partidas que o Goberno de Feijóo máis rebaixou. A deputada propuxo destinar 20 M para aluguer social e rehabilitación e contra os desafiuzamentos.
Sobre trasporte pediu a súa modernización, a intermodalidade e sostenibilidade apostando por servizos de cercanias cunha dotación de 5,5 millóns de euros.
Economía, emprego e Industria
O BNG prioriza nesta materia a creación de emprego de calidade actuando contra a fenda salarial e a precariedade laboral entre a mocidade e mulleres así como proxectos innovadores para o Sector naval cun centro de reparacións para Ferrol como prometeu o propio Feijóo no ano 2009. A loita contra a pobreza enerxética e o impulso dunha tarifa eléctrica galega tamén foi motivo dunha emenda nacionalista.
Cultura e Educación: O BNG propón rescatar a cultura da asfixia económica a que someteu á cultura o Partido popular apostando pola promoción do libro en galego, a rehabilitación do patrimonio cultural, rescatar da xestión privada os centros de arqueoloxía, eliminar os recortes no ensino público recuperando profesorado e a gratuidade do libro de texto.
Incrementar o orzamentos para as universidades en seis millóns de euros así como as bolsas para o acceso á universidade. Pontón reivindicou mais medios para normalizar a lingua galega incrementando o seu uso.
Sanidade: O BNG propón 42 millóns de euros para a reversión do Hospital de Vigo que debe ser cen por cen público. Medidas de choque contra as listas de garda e dotar de melloras a atención primaria e atender a demanda da vacina da meninxite B.