- “As mellores representantes dos intereses das veciñas e veciños de Ourense foron as do BNG, delas somos hoxe herdeiras as novas xeracións do nacionaismo, di Noa Presas en Ourense.
“Leadade inquebrantábel é a que o nacionalismo galego praticou sempre cara o pobo” así abría o acto público celebrado hoxe en Ourense Alfredo Suárez Canal, ex-conselleiro de Medio Rural e ex-deputada no Parlamento Galego; con él Francisco Jorquera Caselas e Olalla Fernández Davila, ex-parlamentares nas cortes e no Hórreo, Tereixa Paz ex deputada do Parlamento Galego, Diego Lourenzo Moura teniente de alcade de Verín e Noa Presas candidata ao Parlamento Galego debullaron as conquistas e logros do nacionalismo galego nos últimos 40 anos e o papel fundamental do BNG na mobilización social e o traballo institucional neste período.
“Cando se escriba a historia o nacionalismo galego o BNG aparecerá sempre como referente alternativo ao que hoxe é o PP, alternativa ao modelo social, de valores, de traballo e de compromiso.” así expresaba Noa Presas o recoñecemento ao traballo de tantas e tantos que contribuíron a facer do nacionalismo e do bloque un referente de coherencia e compromiso coa defensa de Galiza. Palabras que a candidata pronunciou hoxe en presenza de numerosas caras coñecidas como Norberto Tabarés , Antón Sanchez Rivero, Millán Picouto, Aristóbolo Quintela, Iago Tabarés, Chema Ferreiro ou Nemesio Baraxa, ex concelleiros e deputados do BNG.
Diego Lourenzo Moura lembrou que “o BNG é un proxecto de transformación, de leadade e dignididade colectiva que nunca se rendiu e que nunca se deixou subornar”, así como “un exemplo de xestión nos concellos como modelo alternativo á estrutura caciquil da provincia, con políticas transformadoras como as que as compañeiras nacionalistas fan en Allariz, Baños de Molgas, Viana ou Verín”.
Asistiron ao acto numerosas caras coñecidas do nacionalismo na provincia como Lois Antón, Fernando Varela, Teresa Devesa, Xacobe García, Manuel Méndez Gallo, Moncho Losada, Antonio Blanco un dos primeiros concelleiros do bloque en Allariz, Antón Gómez, Leopoldo Rodríguez, Concha Álvarez, Bernardo Varela, Paco García, Alberte Blanco, Manolo Conde, Xosé Manoel Fírvida tenente de alcade en Barbadás, Antonio Fandiño ou Ximena González ex-concelleira en Ourense
AS CONQUISTAS DO NACIONALISMO
Noa Presas reivindicou que as nacionalistas son un exemplo de “dignidade porque sempre demos a cara, mesmo cando ninguén máis a daba, por defender Galiza e a súa xente” lembrado que o nacionalismo fixo conquistas “con traballo duro e compromiso , dende as institucións e dende a mobilización social.”
Conquistas, dixo Noa Presas “que teñen a ver co benestar e as condicións de vida de moitas compatriotas”. Na súa intervención Alfredo Suárez Canal repasou algunhas ds cuestións nas que o nacionalismo máis se implicou: o fin da cuota empresarial, as industrias da pataca e o viño ou as condicións de vida das traballadoras a través do sindicalismo nacionalista.
“Se hoxe temos en Ourense un Campus Universitario e non unha superficie comercial é grazas ao nacionalismo” enfatizou Suárez Canal, lembrando asi mesmo o hospital provincial incorporado á Seguridade Social, o conservatorio de música en Ourense, a primeira mobilización polo hospital na comarca de Verín, o plan do ferrocarril, o instituito de Allariz, o regadío na Limia, as políticas forestais que diminuíron os lumes e puxern os montes a producir ou como se minimizarn os efectos negativos do transvase do Arnoia “todo grazas ao compromiso e o traballo das nacionalistas”.