parlamento galego

BNG reclama no Parlamento garantir o servizo de pediatría na comarca de Monterrei

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas alerta do incremento da poboación durante o verán e denuncia a  falta de propostas  ante a xubilación do pediatra

A deputada do BNG, Noa Presas  preguntou ao conselleiro de Sanidade polas previsión para garantir a cobertura da atención pediátrica na bisbarra de Monterrei.

A nacionalista lembrou que grazas ‘a mobilización veciñal ”, que volveu encher masivamente as rúas de Verín o 11 de febreiro, “o conselleiro de sanidade  movía ficha” a pesar de tentar ocultalo e hai case dous anos  suprimiran,  pola vía dos feitos unhas  das tres  prazas de pediatría no Centro de Saúde de Verín quedando, durante un ano, só dúas operativas. Posteriormente, explicou a nacionalista, unha das profesionais solicitou a excedencia “quedando o servizo en precario”, cunha soa profesional e obrigando ás familias a días de espera ou a desprazarse até Ourense para a atención sanitaria das crianzas.

“Arredor de 4.000 nenos e nenas sen garantías de servizo pediátrico, porque ao servizo de pediatría acoden nenos e nenas de fóra da vila de Verín” e ante esta situación, a demanda social provocou que  vostedes reaccionaran

incorporando  temporalmente un pediatra xubilado. Sen embargo, o  25 de maio era publicada no   DOG  a  convocatoria do proceso selectivo para cubrir prazas de difícil cobertura.

Hoxe, afirmou a deputada do BNG,  “a situación é de calma ante a treboada” porque o pediatra reincorporado aínda continúa  prestando servizo e a profesional en excedencia xa se reincorporou pero a situación, é de “calma antes da treboada” ante a inminente marcha do pediatra xubilado, as vacacións das dúas pediatras e a falta de prazos e garantías para cubrir as prazas de difícil cobertura.

A xente, dixo, Presas  está moi  preocupada por esta situación e ante o incremento de poboación no verán porque descoñecen, se finalmente contarán con servizo de pediatría en Verín e  en que prazo, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG