Congreso

BNG propón no Congreso a eliminación das comisión bancarias

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego salientou que o cobro destas comisións resulta abusivo, pois contar cunha conta bancaria é, hoxe en día un servizo básico imprescindíbel, polo que se debe garantir un acceso universal e gratuíto.

O BNG considera necesario de que se aplique de forma automática ás persoas que reciban algún tipo de subsidio, a posibilidade de abrir contas correntes libres de comisións e que, tamén se faga accesíbeis para o resto da poboación que simplemente necesitan un servizo bancario básico.

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar no Congreso una Proposición Non de Lei para a eliminación das comisión bancarias, sobre todo, para aquelas persoas máis desfavorecidas que se atopen en risco de exclusión social. O deputado nacionalista, Néstor Rego, explicou que contar cunha conta bancaria é un servizo básico imprescindíbel para toda a cidadanía, polo que resulta abusivo o cobro destas comisións aos usuarios e usuarias.

Rego salientou que “é case obrigatorio contar, cando menos, cunha conta aberta nun banco ou caixa de aforros onde poder recibir os ingresos da nómina, pensión ou subsidio”, ou desde a cal facer certos pagos que deben constar necesariamente mediante transferencia bancaria para que podan ser tidos en conta polas distintas Administracións.

Neste sentido, pode pórse como exemplo o estreado Ingreso Mínimo Vital que se destina a aquelas persoas con maior vulnerabilidade, mais que debe ser recibido a través dunha conta bancaria necesariamente e sobre esa conta deberán pagarse comisións. O BNG considera necesario de que se faga accesíbel para as persoas que reciban algún tipo de subsidio, a posibilidade de abrir contas correntes libres de comisións, mais tamén para o resto da poboación que simplemente necesitan un servizo bancario básico.

Os nacionalistas destacan que ter unha conta bancaria aberta non sae de balde e critican que o peor é que, é máis custoso utilizar eses servizos financeiros imprescindíbeis  para os que atravesan unha situación económica difícil. Néstor Rego salientou que “os bancos ofrecen normalmente a posibilidade de eliminar comisións nas súas contas se os usuarios ou usuarias garantan determinados ingresos mensuais elevados ou se contratan outros produtos financeiros”, así poderá negociar co seu banco que non lle aplique comisións. “Resulta claramente inxusto que os que menos teñen sexan os que máis comisións acaben pagando” sinalou o deputado nacionalista.

O BNG insta a través desta PNL a regular a obriga por parte das entidades bancarias de aplicar de forma automática Contas de Pago Básicas sen comisións para todas aquelas persoas que, por recibir subsidios ou axudas públicas, como é o Ingreso Mínimo Vital ou Rendas de Inserción, xa teñan acreditada a súa situación de vulnerabilidade.

Ademais, debera ser obrigatorio que as entidades bancarias oferten esta posibilidade a todos os seus usuarios e usuarias. Os nacionalistas denuncian que non se divulga e que tampouco existe o coñecemento entre a poboación xeral desta posibilidade.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG