O BNG pide á Xunta rigor e transparencia na vacinación e reforzar a Atención Primaria con 200 M€

Foto Iria Carreira, rolda de prensa sanidade
Iria Carreira en rolda de prensa

A deputada nacionalista, Iria Carreira afirma que resulta máis fácil acceder a unha entrada para un concerto  que a autocita de vacinación

 

A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iria Carreira instou novamente á Xunta a reforzar a Atención Primaria ante os recortes de persoal e medios. A nacionalista reclama “rigor e tranparencia” no proceso de vacinación e reforzar a Atención Primaria con 200M€. Neste sentido, criticou que a Xunta se escuse na falta de recursos económicos e lembrou que o BNG defendeu investir en Atención Primaria retraendo fondos  dos orzamentos, dos Fondos Nex Gereation e da devolución do IVE por parte do Goberno central. O investimento en Atención primaria, dixo, “debe ser unha prioridade para a Xunta”.

A parlamentaria reiterou que a actual situación da sanidade galega viuse agravada pola pandemia, ao que sumou unha década de política de  recortes do Partido popular. Carreira denuncio o “colpaso” da Atención Primaria por mor da falta de persoal en período de vacacións, mesmo, dixo, o persoal é coaccionado a substitucións dos profesinais da saúde co agravante de que nos PACs, estas substitucións incrementan as horas e carga de traballo.

Por outra parte, a Atención Primaria asume un rastrexo de positivos que “non lle corresponde” e contactos por COVID que debería ser xestionado polo sistema de rastrexo. A Atención Primaria conta cun orzamento actual menor que no ano 2009, explicou.

O colapso na Atención Primaria “non é retórica” é unha realidade que revela o empeoramento das condicións laborais con axendas masificadas que superan os 60 pacientes ao  día e un incremento das xorandas laborais nos centros de saúde. Estas circunstacias afentan gravemente  “á calidade asistencial” cando unha paciente debe agardar máis dunha semanda por unha cita co seu médico de cabeceira, retrasos dixo, que poden chegar a 15 días.

Esta situación, tamén  reverte negativamente no seguimento dos pacientes crónicos e pacientes oncolóxicos ademais de retardar a detección de futuros casos. As denuncias da “mala situación” da Atención Primaria “non é unha teima do BNG”, as propias profesionais saen a rúas para exixir melloras e o Colexio de Médicos de Pontevedra xa denunciou ao SERGAS pola saturación.

A xuizo da deputada, “non é de recibo” que a propia consellería de Sanidade recoñeza  as deficiencias na Atención primaria, e como resposta só faga “un lamento baileiro” pero sen aportar ningunha solución. O conselleiro cinquese a cualifciar de “complexa a situación” porque faltan profesionais pero continua sen achegar ningunha proposta.

Carreira criticou que a Xunta non priorice a Atención primaria e dote de persoal este servizo que é “a porta de entrada para o  sistema sanitario galego”. Aínda que a día de hoxe non contemos con médicxs e efermeirxs nas listas de contratación, existen outras categorias que soportan un paro importante e poden contribuír a “decolapar” a Atención Primaria. As PSX, administrativas ou psicológas clinicas  continuan agardando a seren chamadas.

Careira rexeitou as contratacións precarias, “peores que en moitas  empresas privadas”, que están a provocar que o persoal decida non asinar ese contrato. Pedimos e seguiremos pedindo ao goberno de Feixóo “propostas serias” para reverter a situaicón da sanidade galega.

Resulta máis  fácil acceder a  unha entrada para un concerto que a autocita

Sobre o caos suscitado esta fin de semana  para acceder a autocita, Carreira cualificou de “intolerable” que a vacinación sexa utilizada polo PP como cabalo de batalla e ataque  contra o Goberno central. Dende o BNG, dixo, consideramos que a vacinación debe ser tomada con “seriedade e rigor”. A parlamentaria do BNG denuniou o “sistema de autocita” para menores de 20 anos, un sistema cun funcionamento caótico no que puidemos comprobar que “resultaba máis fácil mercar unha entrada para un concerto   que  unha cita para vacinarse contra a COVID”.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG