O BNG pide á Xunta que cumpra o seu compromiso co Plan de dinamización da lectura desenvolvendo as Leis do libro e Bibliotecas

Foto Mercedes Queixas
Rolda de prensa de Mercedes Queixas

A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas  afirma que 71 concellos galegos carecen de bibliotecas e nos últimos cinco anos pecharon 16

Acusa ao goberno de Feixóo de conseguir todas as medallas de ouro ao “desleixo e incapacidade “ para desenvolver un proxecto vertebrado dunha rede de bibliotecas públicas

Para a portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas , o recente  estudo do Ministerio de Cultura sobre a situación das bibiliotecas públicas confirma que en Galiza, “71 concellos galegos   carecen de bibliotecas, uns resultados negativos” porque estamos, dixo, por debaixo da media estatal.

Mercedes Queixas acusou ao  “ PP do goberno de Feixóo  de conseguir  todas as medallas de ouro ao deslixo, inecptitude e incapacidade” para desenvolver un proxecto vertebrado da rede de bibliotecas públicas, tanto nas de titularidade atonómica como estimulo que dependen dos concellos. Neste sentido, Queixas insta á Xunta a que cumpra cos seus compromisos recollidos no Plan de dinamización da lectura e  desenvolver as leis do Libro e Bibliotecas.

A día de hoxe, reitrou a deputada, 71 concellos carecen de bibliotecas e mesmo outros servizos que podan suplir esta carencia como os bibliobuses. Nos últimos cinco anos, “pecharon en Galiza 16 bibliotecas públicas”, aseverou.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Mercedes Queixas tamén se referiu ao gasto corrente por habitante, e dicir, o que inviste o goberno por habitante nas biblitecas en Galiza e que situou en  8.95 euros fronte a medida do estado, 10.55 euros. Pola súa parte,  Ceuta, inviste 18,75, Cataluña, 16,36 por habitante e  Euskadi  15, 68 euros, a xuízo da deputada,  estes datos revelan que estamos “  na quinta posición comezando pola cola”.

Para a deputada outro  dos aspectos do estudo reflicte que os  fondos de renovación en Galiza, durante o ano  2019 diminuiron en  30.000  a respecto do ano 2015, “-1,19% fronte a 0,96 da medida do Estado”. Esta circunstacia provocou a baixada de visitas e númerno de persoas usuarias así como  de préstamos.

En opinión da  nacionalista, as bibliotecas públicas son algo máis que o lugar no que se expoñen libros nos andeis, son lugares “vivos” que deben garantir o acceso á cultura para toda a cidadanía.

Sobre a dotación do persoal nas bibliotecas afirmou que, en Galiza hai un bibliotecario ou biblitecaria por cada 4.950 habitantes ,cando a media no Estado español é de 4.223, e  dende o ano 2015 “máis de 70 persoas” perderon o emprego nas bibliotecas públicas galegas.

Ante esta situación, o BNG exixe ao goberno que cumpra cos seus compromisos como o anunciado no ano  2018 incluíndo na Estratexia da Cultura Galega, “o Plan de dinamización da lectura”. O BNG reclama desenvolver a Lei da Lectura e o Libro aprobada no ano 2006 cun plan de dinamización da lectura que aínda non se fixo e poñer en marcha o  regulamentario da Lei de Bibliolitecas aprobada polo Partido popular no ano 2012.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG