O BNG pide á xunta que se implique no conflito da ambulancias e rescate o servizo para o sector público

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado lembra que o vindeiro venres comeza unha folga para denunciar a precariedade laboral e grave deterioro dos medios no sector polo que pediu ao goberno que inicie os trámites para rescatar “progresivamente” o transporte sanitario e que a súa xestión dependa da Xunta de Galiza

A través dunha proposición non de lei, a  deputada do BNG, Montse Prado instou hoxe á Xunta a “implicarse” no conflito das ambulancias e a iniciar, sen dilación, “os trámites” para rescatar un servizo esencial na asistencia sanitaria que debe ser público. Lembrou que o vindeiro venres 8  comeza unha folga ,intermitente, do 8 ao 11 de febreiro, do 18 ao 24 de febreiro e do día  4 ao 10 de marzo, despois  terá carácter indefinido si as demandas dos traballadores e traballadoras  non atopan resposta polo que pediu ao Partido popular que “rectifique” e rescate o servizo de ambulancias para o sector público.

A parlamentaria criticou que o Sergas sega “botando balóns fora” argumentando que o conflito só atinxe a traballadores e traballadoras coas empresas que prestan o servizo cando en realidade, dixo ,  “é unha concesión da administración pública” e a Xunta debe velar polo cumprimento da concesión. Neste sentido, lembrou que a patronal négase a asinar un convenio “paralizado dende hai tres anos”, e  mesmo propón a súa rebaixa nun  10%  que implica: redución do 6%-7% salarial,  retirada dos complementos por IT, redución dos días de asuntos propios,  creación de tres escalas salariais á baixa, e recortes no lavado de roupa e uniformes.

Ante as propostas das empresas concesionarias, os traballadores e traballadoras reclaman un   convenio que  conteña melloras laborais e incrementos salariais que permitan recuperar o poder adquisitivo perdido dende 2015, recoñecer  a terceira paga extra, reducir o número de horas, ampliadas nos tres últimos anos polo incremento do 20% dos servizos e  melloras na  prevención de riscos e saúde laboral. Mentres a media de baixas en Galiza é dun 5%, explicou Prado,  neste sector, a pesar de contar cunha  media de idade de 40 anos, as baixas –na inmensa maioría por problemas músculo-esqueléticos- sitúase no 13%.

Ademais,  reclamou limitar o abuso da contratación en prácticas polo que  traballadoras e traballadores perciben,  durante o primeiro ano o 60% do salario base e no segundo o 70% e  controlar  o número de ambulancias operativas e o emprego do transporte do Sergas para servizos privados.

Prado incidiu en que no se está a incumprir a  prevención de riscos. “Non se informa da patoloxía de doentes infecto contaxiosos para evitar contaxios a   doentes  inmunodeprimidos, a  profesionais e familias”.

Para a deputada, a situación é consecuencia dunha concesión “á baixa” como xa advertiu o BNG no seu momento. A  beneficiada maioritariamente polas concesións, dirixida por un destacado membro do Partido popular,  viña precedida de denuncias por precariedade laboral e asistencial  en Catalunya, Cantabria, Aragón e Euskadi e aínda así, vostedes, dixo, seguiron adiante.

A portavoz de sanidade e deputada do BNG,  reiterou o carácter de servizo público do transporte sanitario   e responsabilizou ao  o Sergas de “non   velar pola garantía dos dereitos dos traballadores e traballadoras das empresas adxudicatarias” nin “vixiar” para que se cubra o  servizo con todas as garantías.  A deputada pediu ao Sergas que rectifique e non priorice nos concursos de adxudicación criterios económicos en detrimento da calidade asistencial no transporte sanitario terrestre.

NOVO CONCURSO 061

Ante o iniciou do  novo concurso do 061 para  transporte sanitario, pediu completar o número de vehículos e persoal para impedir a contratación de empresas que non cumpran os requisitos e impedir que    “unha soa persoa  viaxe no vehículo que  atende as urxencias do 061”.

Na súa intervención,  reiterou a necesidade de iniciar os trámites para acadar un “progresivo rescate” do servizo de ambulancias e que a súa xestión dependa da Xunta de Galiza. A concesión remata en outubro pero hai tempo de  tomar as medidas necesarias para o  rescate dos servizos  externalizados, sentenciou.      

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG