Parlamento Galego

O BNG pide retirar a lei de Museos e elaborar un texto “máis actual e ambicioso”

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas

O BNG propón que o novo texto se elabore en colaboración co Consello da Cultura galega, a Academia Galega de Belas Artes e Universidade pública

Merdedes Queixas defendeu converter en Museo Nacional de Galiza o Museo do Pobo Galego, potenciar  os centros museísticos e documentar e divulgar as coleccións das administracións

A deputada do BNG, Mercedes Queixas cualificou o Proxecto de Museos e centros museísticos da Xunta de “conservadora, limitada e desactualizada”. Neste sentido, lembrou que o texto   nin siquera recolle as recomendacións do  International Council Of Museums (ICOM) do ano 2019 ou novas correntes como a museoloxía social, encamiñada a potenciar a función social dos museos. A parlamentaria nacionalistas demandou  a retirada do proxecto de lei e elaborar un novo texto en colaboración co Consello da Cultura, Academia galega de Belas Artes e a Universidade pública, así como  converter en Museo Nacional de Galiza o Museo do Pobo galego como o de Gales en  Cardiff ou o Museo Nacional de Escocia.

Na súa intervención, Queixas propuxo sumar á lei a potenciación de centros museísticos, a súa xestión e as  coleccións significativas das administracións entre as que destacou, os  Concellos de capitais, Deputacións, Parlamento galego , Xunta e universidades.

A nacionalista criticou a ausencia do termo museoloxía, como ciencia da xestión do museo, “apenas se menciona a pesar da súa importancia como recurso cultural e turístico do museo e a profesionalización de museólogo/museólogo”, explicou.

Sorprende, por outra parte, que cultura non solicitara   asesoramento ningún a outras entidades como a Real Academia Galega das Belas Artes ou as Universidades. Queixas tildou de “perversa política de feitos consumados” o proceder do goberno galego ao sumou  “falta de  transparencia e participación na tramitación lexislativa” para  aportar achegas polo reducido período de exposición pública do anteproxecto, do 10 de xullo ao 1 de agosto do ano 2019.

Para a deputada é un error excluír da lei o patrimonio cultural inmaterial e o patrimonio industrial, definidos como patrimonio cultural de Galiza, ao igual que a memoria histórica.

 Finalmente, a deputada do BNG remarcou que o proxecto de lei e “pouco ambicioso, desordenado” e até certo punto “caótico” na  súa comprensión e conseguinte cumprimento. O Proxecto de lei tamén  renuncia a regular  os museos ou coleccións museográficas da Igrexa e do  exército  así como  o labor de inspección para garantir o cumprimento das obrigas dispostas na norma.

A emenda de devolución á totalidade do BNG ao proxecto de lei foi rexeitado polo grupo maioritario do Partido popular.+

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG