parlamento galego

BNG pide explicacións ao goberno polo uso que o PP fai dun “presunto acto informativo” en Tomiño ao cargo do propio responsable de decidir as axudas para o sector empresarial

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
Denuncia a utilización de subvencións como “ferramenta electoral” e posible “coacción” ao empresariado do sector e cualifica a “charla informativa” de José Balseiros como “unha nova mostra da intención do PP para obter réditos electorais, a través da Xunta”
O BNG rexistra no Parlamento galego diversas preguntas ao goberno ante o anuncio do Partido Popular de Tomiño de celebrar unha “charla informativa” dirixida a  empresarios do sector gandeiro e  industrias agroalimentarias, impartida por un “especialista en axudas e oportunidades para o sector primario” cando en realidade, o mencionado especialista é o propio Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, titular do departamento encargado de decidir as devanditas axudas.

Para o BNG, o PP está incorrendo “nun uso intolerable” da súa función como goberno e provocando  unha “grande preocupación no sector” ante unha invitación a un acto informativo cuxo ponente é o responsable de decidir as axudas ás empresas.

“O propio Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias convida ás empresas que puideran ou non ser beneficiarias destas axudas”. Este proceder, a xuízo do deputado nacionalista, Manuel Lourenzo, pode incorrer en “coacción” e, lonxe de  informar ao sector empresarial, busca “empregar como ferramenta electoral  as axudas ás que lexitimamente poderían acceder as empresas”, denunciou.

Por outra parte, o BNG tamén recriminou a utilización no cartaz do Partido Popular como imaxe representativa do sector gandeiro e agroalimentario, onde aparece un viveiro de hortensias, que en si mesmo debería poñer en cuestión a “autodefinición de especialista” que se atribúe.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG