A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia do Presidente do FROB, Fernando Restoy, e do Ministro de Economía, Luis de Guindos, para que canto antes acudan á Cámara a dar explicacións sobre o nada transparente proceso de venda de NCG.
Ademáis, o BNG presentou unha batería de iniciativas parlamentares en relación a este tema: unha pregunta escrita, preguntas orais e unha proposición non de lei. Davila insta ao Goberno a paralizar a venda de Novacaixagalicia debido á falla de transparencia, de neutralidade e de seguridade xurídica que se está a observar no proceso.
A parlamentar nacionalista plantexa que se esgoten o prazo de 2019 para adoptar calquera decisión en relación á venda. Mentras tanto, pide ao Executivo que estude a posibilidade de manter NCG como entidade pública nacionalizada, otorgándolle o carácter de entidade sistémica.
Critica Davila o proceso de venda iniciado polo FROB porque a evolución do proceso de subasta aporta moitos motivos para demandar a imediata paralización da venda. E non nos referimos a retrasar a subasta como decidiu o FROB, senón a paralizalo. Neste punto, fai especial mención ao problema dos beneficios fiscais e ao cambio de última hora de criterios por parte do FROB. Ultimamente, coñecemos que os beneficios fiscais que poida aplicar o comprador non se terán en conta no momento de avaliar as ofertas.
É un cambio dos criterios do FROB após de ter comunicado ás institucións internacionais o criterio contrario, que avaliaba incluso un informe legal feito por un membro do Consello de Estado en excedencia.
A deputada do BNG reprocha a Guindos que os posíbeis compradores non coñecen as reglas que van rexer na operación porque non se estabelece se van compensar con algún mecanismo os beneficios fiscais a utilizar ou se se aceptará un esquema de proteción de activos. É preciso lembrar que as entidades estatais teñen dereito a deducir 4.500 millóns e as internacionais 2.500.
Olaia Fernández Davila cualifica o proceso de falto de seguridade xurídica porque as reglas non se coñecen publicamente. É inconcebíbel a arbitrariedade, discrecionalidade e falla de rigor con que avanza este proceso que atinxe a unha entidade nutrida con fondos públicos. Para Davila non hai razóns para unha venda tan apresurada, salvo que se persiga satisfacer intereses financeiros determinados.
O BNG considera de importanza estratéxica para Galiza a permanencia de NCG como banco galego independente para manter o aforro dos galegos e galegas. Davila sinala que a venda suporá un negocio ruinoso para os contribuíntes, pois despois de destinar 9.000 millóns de euros de fondos públicos para o seu saneamento, a venda en réxime de subasta non permitirá recuperar todo o investido. Sen esquecer que non se resolviu a restitución do carto estafado nas preferentes.