A través dunha pregunta ao goberno sobre o Proxecto HUB dependente de AGADIC, a portavoz de cultura do BNG, Mercedes Queixas criticou que o director do organismo, Jacobo Sutil apelara ao “incumprido” Plan de reactivación cultural e non anunciara ningún proxecto novo.
A nacionalista explicou que AGADIC conta con 9,6M€ de fondos europeos para obxectivos e funcións do organismo, sen embargo os responsables de cultura explicou, non detallaron nas súas comparecencias o destino deste orzamento para a cultura galega, agás “partidas xenéricas e inconcretas” para fomentar as actividades culturais en Galiza.
BNG pide a AGADIC que cumpra co Plan de reactivación cultural
Tras a intervención do director do AGADIC, a deputada afirmou que ,unha vez máis, o goberno non responde ás cuestións formuladas e constatamos como vostedes continúan facendo o mesmo que en anos atrás.Utilizan “medidas herdadas do ano 2009 do goberno co Bloque na Consellería de Cultura” e sobre o único novidoso para este ano “non concretou nada”. O sector cultural precisa respostas e está moi ben que apele ao plan de reactivación cultural, no seu momento tamén turístico, pero dende o BNG demandamos que polo menos “cumpran con ese plan” e sobre todo no que atinxe ao impulso e reactivación da internacionalización das empresas audiovisuais galegas e a convocatoria dun fondo de coprodución internacional minoritaria no ámbito audiovisual para facilitar a “presenza de empregas galegas en proxectos internacionais de relevancia”.
Queixas trasladou a Sutil as demandas do sector entre as que destacou os compromisos “asumidos no Plan de reactivación” que continúan sen desenvolver.
Sobre o proxecto HUB, a nacionalista volveu a preguntar como se vai xestionar, cales serán as bases e as canles de avaliación para seleccionar os mellores proxectos porque da súa intervención, dixo a deputada, podemos deducir que non existe ningunha concreción sobre o apoio a un sector que está “in extremis”.
O sector cultural, recalcou Mercedes Queixas pide a “mesma celeridade” coa que contan outras actuacións porque, agora “é máis necesaria que nunca”, concluíu.