BNG mostra o seu apoio ao historiador Carlos Babío denunciado pola Familia Franco por inxurias e calumnias contra o ditador

Apoio Carlos Babío
Apoio Carlos Babío
Mercedes Queixas salienta  que non é a primeira vez que  o historiador nacionalista ten que  defenderse das acusacións dos herdeiros do ditador por reclamar  o retorno  do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego e denunciar o espolio de Franco e o seu réxime

BNG amosa o seu apoio ao historiador nacionalista, Carlos Babío, nunha concentración ante a porta principal do Xulgado de Betanzos no que tivo que comparecer  pola denuncia da familia Franco.

A parlamentaria do BNG, Mercedes Queixas afirmou que esta non é a primeira vez que o “compañeiro Carlos Babío” ten  que declarar para se defender da familia Franco. “Os herdeiros do ditador denunciaron ao historiador Carlos Babío por ter defendido  o retorno do Pazo de Meirás ao seu lexitimo dono, o pobo, e  reparar así  a dignidade fronte ao espolio  que caracterizou á ditadura”. A familia do ditador, engadiu a nacionalista, permítese demandar agora por “inxurias e calumnias” a unha persoa que cun “argumentario razoado e contrastado” ten demostrado que se  alguén actuou con “prácticas extorsionadoras, fraudulentas e espoliadoras” foi o ditador e o sistema que o avalou e amparou.

Pola súa parte, e tras comparecer no xulgado de Betanzos a través de vídeo conferencia  cun xulgado de Madrid por unha imputación dun “suposto delito de calumnias e inxurias contra o ditador Franco e o réxime que representou”, Carlos Babío explicou que o libro, “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio” xunto a  Manuel Pérez  Lourenzo no que denunciaban o espolio  que representaba o Pazo de Meirás,    serviu de base  para realizar informes e estudos e para que a propia  Avogacía do Estado o presentara como proba. Ademais, “a avogacía presentounos  fisicamente aos autores como peritos”  no xuízo celebrado na Coruña para a devolución do Pazo de Meirás.

Para Babío, a denuncia da familia Franco representa “o mundo ao revés”. Utilizan algunhas das manifestacións do proceso no xulgado da Coruña  para a devolución do Pazo e  un  xulgado de Madrid quere investigarnos por un delito continuado de inxurias e calumnias. “Un mundo ao revés”, recalcou, Babío.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG