parlamento galego

O BNG exixe garantías ambientais no sector eólico e que os beneficios económicos revertan na sociedade galega

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas: “O concello de Muras é un claro exemplo de como  a enerxía eólica  reverte  nos veciños e veciñas abaratando o prezo do recibo da luz

Instou á Xunta a non recorrer a sentenza do TSXG que deixou sen efecto o proxecto eólico da Serra do Iribio

A portavoz parlamentaria de Enerxía do BNG, Noa Presas reclamou un “cambio de rumbo”  contra a falta de planificación e ordenación ante o boom eólico que vive Galiza. A nacionalista apelou a poñer no centro o interese público as  garantías ambientais e o retorno económico e social da enerxía eólica. Nesta liña lembrou que o concello de Muras é “un claro exemplo de como a enerxía eólica reverte en beneficio dos veciños e veciñas que ven abarato o prezo do recibo da luz”.

A deputada defendeu unha moción na que insistía na necesidade de non perder a oportunidade dun modelo enerxético a favor da económica e sociedade galega impedindo o que cualificou de “desfeitas medioambientais” sen posibilidade de retorno.

Ademais, a deputada instou á Xunta a  dirixirse ao goberno central para demandar a corrección da Orde TED/1161/2020, do 4 de decembro, pola que se regula o primeiro mecanismo de poxa para o outorgamento do réxime económico de enerxías renovábeis e se estabelece o calendario indicativo para o período 2020-2025 de cara a “incorporar criterios que non sexan exclusivamente económicos”, senón tamén sociais e medioambientais, así como  incorporar, nesta ou nunha orde específica para  acordar nas correspondentes Mesas de Transición,” poxas específicas de renovábeis” nas zonas afectadas, como nas Pontes,  polo peche de centrais térmicas,  contempla o marco legal para unha transición xusta ao abeiro do Marco Estratéxico de Enerxía e Clima.

Na súa intervención criticou que tras dez anos de parón no sector eólico agora, o PP protagoniza “un pelotazo eólico”  e  reiterou a necesidade de   Impulsar un novo consenso para substituír a vixente lei de aproveitamento eólico e planificar o desenvolvemento da enerxía eólica da próxima década harmonizando os obxectivos e intereses económicos, enerxéticos, sociais e medioambientais a través dun novo “Plan Sectorial Eólico participativo”.

Pedimos que se garanta a transparencia, a avaliación ambiental, limitar  os  procesos expropiatorios, unha o oficina específica para  asesoramento técnico  e rexistro de información pública de contratos. Vincular a estratexia eólica ao desenvolvemento económico de Galiza e plans de desenvolvemento Industrial e Restauración Ambiental nas comarcas dos nosos parques eólicos, salvagardando os espazos de alto interese ambiental e ampliar a Rede Natura.

Noa Presas pide ao PP que non recorra a sentenza do TSXG  

Tras a intervención da popular Marta Nóvoa que xustificou o proxecto eólico da Serra do Oribio afirmando que a sentenza  do TSXG, que deixaba sen efecto o proxecto, aínda pode ser recorrida  a deputada nacionalista pediu a portavoz do PP “que non o fagan porque xa bastante dano está feito”.

Rifirrafe no PP pola camiseta da nacionalista

Ao comezo da súa intervención, a deputada do  BNG colocou unha camiseta na tribuna co lema “Non ao peche de SGRE (Siemens-Gamesa) As Somozas que provocou as protestas do portavoz do PP Pedro Puy  solicitando a retirada da camiseta e que intercedera no asunto o presidente da Mesa do Parlamento, Miguel Santalices  quen tras consultar si  existía algún acordo da Xunta de portavoces   para impedir a exhibición de camisetas  u outros obxectos   permitiu a parlamentaria do BNG vestir a camiseta  preguntando previamente que puña ao que  nacionalista respondeu ironicamente ,  non é  “nada inconstitucional”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG