A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas fai un chamamento a apoiar á celebración do “Día das librarías” mercando un libro en galego no comercio local.
A parlamentaria lembra que no actual contexto de pandemia “é máis necesario que nunca apoiar ao sector libreiro”. Neste sentido, o BNG iniciou unha campaña para visibilizar a aposta polo produto galego, o comercio de proximidade e a actividade que dinamiza e crea emprego nas vilas e cidades galegas.
O BNG chama a participar na campaña nas redes sociais, #DíadasLibrarías #EuMercoLocal subindo unha foto nunha libraría e cun libro na man como ao longo do día xa fixeron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, os deputados e deputadas do grupo parlamentario nacionalista e destacados cargos políticos nas diferente administracións galegas.
Pois este mes de novembro será tamén mes de lecturas. Hoxe, como todos os días, toca apoiar o comercio local e o libro galego. E atopamos persoas benqueridas que había tempo que non podiamos saudar en directo #DíaDasLibrarías #EuMercoLocal pic.twitter.com/F24t4lRYkT
— Goretti S. Rei (@GorettiSRei) November 13, 2020
Hoxe é o #DíaDasLibrarías. Aproveitádeo para achegarvos á vosa libraría local de referencia. Moi perto da vosa casa hai mil viaxes a mundos diferentes. Disfrutade. #DíaDasLibrarías #EuMercoLocal #mercalocalpensaglobal pic.twitter.com/qMJkKF4WnF
— Maria G. Albert (@mariagalbert) November 13, 2020
Sendo hoxe o día das librarías a visita a Gráficas era obrigada.#DíadasLibrarías #EuMercoLocal pic.twitter.com/I3iiyIfBHg
— Daniel Castro García (@Daniel_CasG) November 13, 2020
Hoxe día das librarías e sempre do comercio vital pic.twitter.com/WWEgoTriGx
— Iago (@nonchesei1) November 13, 2020
❤️ Librarías e comercio local. Fonte de vida.#DíadasLibrarías #EuMercoLocal pic.twitter.com/OpSVCOOcwx
— BNG (@obloque) November 13, 2020