O BNG acada da Xunta 25 millóns de euros para dous tramos da variante de Carballo

Luís Bará lembra que o proxecto está paralizado dende hai 9 anos e pide á Xunta respecto institucional co concello de Carballo para avanzar nunha infraestrutura demandada por toda a sociedade carballesa

O deputado do BNG, Luís Bará formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre a data de aprobación do proxecto de circunvalación de Carballo que debe iniciar as obras no ano 2020, tras anos de parálise.

Tras saudar ao alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero e a equipa municipal  presente no debate dende a tribuna de convidados, o deputado do BNG, Luís Bará pediu á conselleira de Infraestruturas e ao presidente da Xunta “respecto institucional” co concello carballés, porque Carballo, dixo, “elixíu, por maioría absoluta a Evencio Ferrero para que sexa o seu alcalde”.

Na súa intervención, Bará tamén preguntou á titular de Infraestruturas se lle entregou a Feixóo o dossier de prioridades do concello de Carballo  entre as que figuran en primeiro lugar a variante prevista dende o ano 2009, “un proxecto redactado dende o 2010 e nove anos de parálise que son responsabilidade da Xunta e do Partido popular”, afirmou.

Ante a negativa da conselleira a responder sobre os  prazos e investimentos da variante o deputado reiterou a súa pregunta á que finalmente a titular de Infraestruturas respondeu anunciando que nos vindeiros orzamentos existirá unha partida para as diferentes fases das obras destinando  a dous tramos 10M€ e 15M€ respectivamente, entre o Oeste de Carballo e a estrada provincial e o leste da vila.

O parlamentario lembrou que a variante de Carballo está planificado e que conecta o polígono industrial de Bértoa no leste vila coa estrada de Santiago, AC-552 en dirección a Coristanco. “O vial persigue evitar o tráfico pesado  de paso  que procede do polígono industrial cara a Santiago e que atravesa unha zona urbana moi poblada con centros escolares e vivendas familiares que viven situacións de risco por mor do tránsito de camións e vehículos pesados”, manifestou.

A variante de Carballo, recalcou Bará é unha obra “vital, estratéxica, prioritaria e demandada por toda a sociedade carballesa e da contorna” e conta co apoio de todos os grupos políticos sociais e empresas.

Dende hai vinte anos, explicou, Carballo está a espera dunha obra   que foi sometida a un estudio de impacto ambiental no ano 2007 e cunha previsión de execución no 2013 pero no ano 2010, a Xunta contratou o proxecto que finalmente foi paralizado. Bará cuestionou que esta  “parálise” se deba exclusivamente a razóns orzamentarias polo que reclamou novamente a Ethel Vázquez unha reunión co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero á que a conselleira accederá proximamente segundo as súas propias palabras.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG