Solidaridade e total apoio cos traballador@s da empresa T-Solar que comparecían ante o Xulgado de Instrucción nº1 de Ourense, nunha citación que tamén incluía á deputada Tereixa Paz, pola participación no peche que a plantilla mantén desde hai dous meses para evitar o desmantelamento definitivo da empresa.
Quen tiña que comparecer ante os xulgados para dar explicacións son os directivos de Isolux por estafa ao desmantelar unha empresa creada cunha subvención pública de 70 millóns de euros e destruir 174 empregos, e xunto cos directivos o administrador concursal, complice desta estafa co seu boicot sistemático ás alternativas para evitar a desaparición de T-Solar, como claman os traballadores, denunciou Vence.
É o mundo ao revés, quenes defenden a supervivencia dunha empresa punteira e a continuidade de 174 empregos vitais para Ourense son sentados ante a xustiza polos que estafan e destruen emprego, recalcou o portavoz nacional.
Neste sentido, Vence esixe á Xunta que se comprometa para garantir o futuro de T-Solar, no só porque ten recibido cuantiosas subvencións públicas, senón porque a provincia de Ourense non se pode permitir destruir emprego, mentras o Goberno de Feijóo se pon de perfil, ignorando a situación en lugar de aportar solucións.
Non por corrupción
Pola súa parte, Tereixa Paz, citada por compartir o peche que mantén a plantilla desde fai dous meses, salientou que está orgullosa do seu apoio aos traballadores de T-Solar. Mentres os políticos do PP e doutras formacións pasan polos xulgados encausados por corrupción, os políticos do BNG pasamos por estar ao lado dos traballadores e das traballadoras, e iso é algo que nos diferencia, salientou a deputada nacionalista.