Ana Pontón reclama medidas para reactivar o sector do libro

Ana Pontón
Ana Pontón

O BNG traslada ao sector do libro e da edición  unha batería de propostas  para a súa reactivación ante a situación creada pola crise da COVID-19

Ana Pontón destaca que o sector representa o  2% do PIB galego e cada euro investido en cultura supón o retorno de tres euros para a economía

Propón  redistribuír os recursos  do Xacobeo 2021 con maior presenza na programación  dos sectores culturais galegos, crear un bono cultural e abrir unha liña de axudas “específica” para o sector da edición

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  mantivo hoxe un encontro con representantes da Asociación Galegas de Editoras, GÁLIX, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Federación da Librarías, BAMAD Galicia e da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación para abordar os aspectos que afectan máis gravemente ao sector do libro e da Edicion pola crise da COVID-19.

Tras o encontro, por videoconferencia, no que tamén participaron a deputada e  portavoz de Cultura, Olalla Rodil e Xavier Campos, membro da Executiva do BNG e asesor cultural da da Deputación da Coruña,  Pontón manifestou que o sector cultural está sendo un dos máis castigados pola crise da COVID-19 e o goberno galego debe activar mecanismos para a súa recuperación económica e laboral. Neste sentido, avanzou que o BNG comprométese a defender o sector cultural galego e pide a Goberno poñer en marcha “un plan estratéxico” para incentivar o sector do libro e a lectura. 

Consellería específica para o sector cultural

O BNG reclama protección para ás persoas autónomas do sector e  considerar as librarías como sector cultural, cara a Facenda. Por outra parte, avanza que tras as eleccións, o BNG comprométese a que o sector conte cunha consellería   dotada cun  maior orzamento, a día de hoxe o 0,80%, para dar resposta ao sector cultural galego.

A portavoz nacionalista insistiu na necesidade  de incentivar o sector cultural con iniciativas entre as que destacou: Activar un “bono cultural”, un plan para dotar ás bibliotecas de libros,  apoio ao tecido das librarías para impedir o seu peche e reprogramar o Xacobeo 2021 para que os creadores e creadoras do sector do libro sexan “unha peza clave” para que o  investimento neste ámbito supoña un importante retorno económico no sector cultural galego.

Pontón recalcou que “as librerías son un elemento fundamental de dinamización cultural e social”  polo que resulta imprescindible tomar medidas ante  as consecuencias da crise. Nesta liña, apostou  por “axudas específicas” para o sector da edición.

O encontro co sector do libro, súmase á dinámica de reunións que o BNG está a desenvolver con diferentes sectores, económicos, culturais, sanitarios e sociais co fin de recoller as  demandas  que serán trasladadas ao Comité de Análise e Reactivación Económica e Social, posto en marcha polo BNG cara unha proposta de País fronte á crise do coronavirus.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG