Ana Pontón: “Emilio Louro é a garantia para continuar a transformación iniciada polo BNG en Carnota”

Presentación Carnota
Presentación Carnota

Ana Pontón afirma que a experiencia do candidato na xestión municipal dos últimos anos en Carnota representa a  transparencia e honestidade dos gobernos  do BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón manifestou hoxe que Emilio Louro, candidato do BNG á alcaldía de Carnota,   é  “a garantía para continuar co traballo transformador” iniciado polo BNG no concello.

A portavoz nacionalista resaltou “a experiencia municipal” do candidato nun concello no que o BNG demostrou, unha vez máis, que cando goberna demostra “eficacia e transparencia” á hora de xestionar “o público” porque nós, dixo, non facemos como o Partido popular que deixa endebedados os concellos e “pufos por todas partes”.

Para os e as do BNG, un concello debe pensar primeiro nas persoas, ser unha institución democrática e sobre todo estar ao lado dos veciños e veciñas. Ese contacto e cercanía así como o coñecemento de Carnota, afirmou Pontón, é o aval do bo traballo feito polo BNG durante estes oito anos é  “a mellor carta de presentación para que o concello siga avanzando”.

Presentación CarnotaLEMBRANZA AO ALCALDE DE CARNOTA MONCHO NOCEDA

Na súa intervención, a portavoz do BNG salientou o traballo realizado polo actual alcalde nacionalista Moncho Noceda que atopou a súa chegada un concello con numerosas débedas que pouco a pouco, dixo, foi saneando e facendo deste concello o lugar que é hoxe. A portavoz nacionalista trasladou todo o seu afecto a Moncho Noceda a quen agradeceu a súa entrega e traballo político.

Pontón insistiu en que o candidato do BNG, Emilio Louro é “unha aposta segura” para seguir mellorando a calidade de vida en Carnota priorizando sempre aos veciños e veciñas. Temos un proxecto claro para abordar as solucións aos problemas do concello polo que  pediu  “redobrar o apoio” nas vindeiras eleccións municipais do vindeiro 26 de maio porque “Carnota merece o mellor e  o BNG  é mellor alternativa”.

GARANTÍA DE TRANSPARENCIA E RIGOR

O candidato á alcaldía de Carnota contrapuxo a xestión municipal do BNG fronte ao desgoberno do Partido popular que deixou un concello “acuciado” polas   débedas e as contas intervidas polo Consello de Contas e a Xunta de Galiza. Ante isto, explicou Louro, o BNG accedeu á alcaldía cunha campaña baseada na “honestidade, transparencia e participación dos veciños e veciñas”, esa participación e transparencia  á que non imos  renunciar porque  conseguimos algo moi importante, que   a cor política non sexa “requisito” para acceder ás contratacións nin aos privilexios.

Hoxe podemos dicir con orgullo que o BNG conseguiu democratizar o concello, “achegamos o concello aos veciños e veciñas porque queremos que o sintan  como algo propio”.  Carnota é de todos e todas e o estamos a demostrar  no deseño e seguimento das obras municipais, no saneamento económico. Temos por diante un importante reto, “volver a investir” para seguir avanzando.

A recuperación económica é practicamente total e a  día de hoxe, afirmou o candidato nacionalista, logramos saldar todas as  débedas pagando integramente as facturas que durante unha década foron  gardadas nun caixón. “Pagamos aos negocios e ás empresas locais” e seguiremos pagando  sempre co rigor e sen amiguismos. Si   o vindeiro 26 de maio contamos co voso apoio,  o goberno do BNG seguirá neste camiño. Sempre  ao lado dos veciños e das  veciñas, atendendo as vosas  reclamacións e suxerencias  e sobre todo,  traballando por mellorar a  calidade de vida no noso concello.

Emilio Louro manifestou que se presenta ás eleccións cunha grande “responsabilidade” tras o traballo do BNG no concello nos últimos anos. Para o futuro, anunciou Louro,  propoñemos continuidade para sanear as contas e  innovación. No BNG pensamos “en clave de país” e sempre contamos coa participación cidadán.

O candidato anunciou que un dos grandes retos será frear “o declive demográfico” e para iso, dixo, é preciso ilusionar á xente  porque temos un territorio envexable e con persoas capaces pero necesitamos o apoio das institucións.

O candidato á alcaldía  animou aos veciños e veciñas a participar activamente o vindeiro 26 de maio e confiar no BNG como única alternativa para que Carnota siga progresando.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG