Ana Pontón comprométese coas nais e pais do Carballiño a recuperar o servizo de pediatría perdido polos recortes do PP

Manifestación O Carballiño
Manifestación O Carballiño

A candidata do BNG acompaña á veciñanza na manifestación convocada para reclamar ao Sergas unha mellor atención á saúde dos nenas e nenas da comarca

Comprométese a por en marcha un plan de rescate da atención primaria dotado con 200 millóns e que terá a atención á saúde infantil unha das súas prioridades

A portavoz nacional e candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, desprazouse este domingo ao Carballiño para acompañar á veciñanza na manifestación convocada para reclamar ao Sergas servizos de pediatría de calidade no concello e no conxunto da comarca. Pontón expresou así o apoio ás nais e pais porque, dixo, reivindican algo que “é de sentido común” como é a atención á saúde dos seus fillos e fillas. Ter pediatra, advertiu, “non é nin un capricho nin un privilexio”.

Pontón sostivo que a falta de pediatras que afecta ao Carballiño, pero tamén a outros puntos de Galiza, é consecuencia de “catorce anos de recortes e privatizacións do PP” que, engadiu, coa súa política “está deteriorando a sanidade pública, que é a que nos garante que todos e todas somos iguais ante a enfermidade”.

Manifestación O Carballiño
Manifestación O Carballiño

“É evidente que o Goberno do PP nin defende a sanidade nin a xestiona ben”, afirmou logo de advertir que “xa se sabía que ía haber unha xubilación, máis non fixeron nada para garantir a súa cobertura”. O PP, engadiu, “non foi capaz de planificar nin de anticiparse ao problema”.      

É por iso que, en calidade de candidata a Presidencia da Xunta, comprometeuse a que o Goberno que liderará si así o queren os galegos e as galegas porá en marcha xa nos primeiros cen días un plan de rescate da atención primaria dotado con 200 millóns de euros, un plan que terá entre as súas prioridades a recuperación dos servizos de pediatría perdidos, de maneira que ao longo da vindeira lexislatura todos os nenos e nenas galegas teñan garantida a atención por un especialista.

“Falo como nai porque sei perfectamente o que é ter unha pediatra que te atende, que coñece a túa filla cando vas cun problema de saúde”, comentou, ao tempo que se preguntou “que clase de sociedade queremos se non coidamos dos nosos nenos”. “Imos devolverlle a sanidade pública á xente deste País”, asegurou, instando ao PP a que “no tempo que lle queda na Xunta escoite á cidadanía e se poña a traballar para recuperar as prazas de pediatría”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG