Parlamento Galego

Ana Pontón anuncia un recurso ante o Tribunal Constitucional polo veto da lei para transferir a AP-9

  • A portavoz do BNG no Parlamento advertiu que de non producirse unha “rectificación inmediata”, o BNG trasladará á Cámara galega a  presentación  do recurso  co fin de acadar o apoio de todos os grupos parlamentarios
  • A nacionalista tamén avanzou que de non producirse unha “rectificación  inmediata”, o BNG proporá a reprobación da presidenta do Congreso, Ana Pastor pola soberbia de “vetar unha lei beneficiosa para Galiza”

Na quenda de preguntas ao presidente da Xunta, a  portavoz nacionalista,  Ana Pontón anunciou a presentación dun recurso ante o Tribunal Constitucional contra o veto do debate da Lei para a transferencia da AP-9 e amosou a súa confianza no  apoio de todos  os grupos parlamentares representados na Cámara galega. Por outra parte, tamén avanzou que de non producirse “unha rectificación inmediata”, o BNG proporá “a reprobación” da presidenta do Congreso, e deputada por Pontevedra, Ana Pastor  pola “súa soberbia de vetar unha lei beneficiosas para Galiza”.

Na súa intervención Ana Pontón preguntou ao presidente de que lado quere estar, se “dos que se rin dos acordos deste país ou do lado dos galegos e galegas”. A parlamentaria  lembrou que  durante o debate de investidura fixo  unha pregunta ao titular da Xunta que hoxe volve a repetir. Non sinte  reparo ao comprobar que a súa palabra non vale nada?

O BNG non vai renderse no empeño de conseguir que Galiza teñan un ferrocarril modernizado nin vai  deixar de traballar para   conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes   por moito que lle pese a vostede e ao ministro del Norte sobre o que o preguntou a que  ministro temos  que crer, “o que   anuncia atrasos pola mañá ou ao que rectifica pola tarde”.

No que atinxe aos incumprimentos  do presidente da Xunta, a deputada salientou o anuncio do ano 2012 coa  sinatura dunha alianza estratéxica con PEMEX para a construción de 14 remolcadores, floteis, converter Punta Langosteira na base loxística de PEMEX, dous quimiqueiros. Vamos! dixo, “o nunca visto” pero a realidade e outra ben diferente porque  reduce estas promesas a dous barcos e a venda dun estaleiro histórico “a prezo de saldo”.

Na quenda de réplica a deputada afirmou que Núñez Feijóo sempre se supera cando  trata de ser servil a Madrid e nese afán, “roza o ridículo” porque o  presidente da Xunta,  explicou, cualifica de histórica unha comisión na que se vai poder discutir con AUDASA  cando vai a arranxar as fochancas. Sr. Feijóo, reiterou Pontón, “tómese vostede en serio e tome en serio a este país”.

A portavoz do BNG no Parlamento galego rematou a súa intervención aludindo ao rescate das autoestradas madrileñas que cualificou de “estafa legal” e da que o Goberno de Rajoy tirará do “peto de todos e todas, tamén dos galegos e galegas, 6.000 millóns de euros “ para entregarllos á Banca e ás construtoras. Mentres isto ocorre, concluíu a portavoz do BNG, Rajoy afirma que non hai un euro para “acabar coa navallada das escandalosas peaxes da AP-9”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG