Ana Pontón anuncia iniciativas por un modelo sostíbel para o saneamento e depuración da Ría de Ferrol

Ana Pontón co Grupo Municipal de Ferrol
Ana Pontón co Grupo Municipal de Ferrol

O BNG denuncia o “taxazo” á veciñanza de Ferrol e Narón dunhas obras responsabilidade do Estado

A portavoz nacional do BNG, na súa visita a ría de Ferrol para coñecer o actual estado do seu saneamento, anunciou que o BNG presentará no Parlamento galego unha iniciativa para reclamar un modelo “eficaz, seguro e  moderno” na área de saneamento e depuración  coa separación de augas pluviais  e fecais. “Reclamos unha revisión do xa executado e todo o novo que se leve adiante”.

Ademais, considerou “ilóxico” que unha depuradora de carácter supramunicipal non sexa xestionada pola Xunta e  sexa cargada ao concello.

O BNG, engadiu, leva moito tempo reclamando un plan de rexeneración integral da ría de Ferrol, “moi castigada pola contaminación” que conleva unha importante perda de postos de traballo no marisqueo e actividades relacionadas co mar.

Pontón denunciou que o Estado “non porá un só euro” e que esta decisión supón unha  sobrecarga nos recibos para os veciños e veciñas” cuestión que tamén dixo, levaremos na nosa iniciativa para revisar un  convenio no que  Estado debe asumir o cen por cen das obras.

A nacionalista insistiu  no  “trato inxusto” do Goberno central  cos veciños e veciñas de Ferrol e Narón por unhas  obras de saneamento da ría,  declaradas hai 21 anos de interese xeral e o certo, explicou  é que continúan “con atrasos na execución” e  “trato discriminatorio” por parte do Estado. Dende o BNG, dixo, consideramos que non é xusto que unha cidade como Ferrol, xa dabondo castigada economicamente, teña que asumir o custe das obras para sanear a ría que “son responsabilidade da administración central”.

Pontón reiterou que os veciños e veciñas de Ferrol e Narón pagan os mesmos impostos que noutras partes do Estado e sen embargo “son discriminados” nun dobre sentido: por unha banda  pagarán unha  parte das obras de saneamento e por outra vailles ser imposto un modelo de sistema de depuración   “obsoleto”.

Hoxe en día, e na maior parte dos países modernos, explicou a líder do BNG,  apostase  pola eficiencia e o  medio ambiente e  os sistemas para a depuración  e saneamento diferencian entre augas fecais e pluviais e resulta “un erro” que a cidade de Ferrol non conte con este sistema.

Pontón  afirmou que  a taxa de saneamento non só afecta a Ferrol, tamén  a marxe norte da ría e  o concello de Narón terá  que pagar  65 millóns de euros extras que deberá asumir a  veciñanza, a pesar de ser unha obriga do  Estado.  O  BNG en Narón así como en Ferrol votou en contra dese “taxazo”, un verdadeiro  “abuso” a unha cidadanía que cada vez ten “pensións e salarios máis baixos” e nunha situación socioeconómica “grave” como a que vive esta comarca, denunciou.

O BNG   seguirá reclamando que o Goberno do Estado asuma as obras para que non repercutan economicamente nos veciños e veciñas de Ferrol, concluíu a nacionalista.

 Pola súa parte, o portavoz municipal do BNG en Ferrol, Iván Rivas recalcou que o  Estado foi quen decidiu o modelo de rede de saneamento que se ía implantar: Un modelo de rede unitaria, con excesivos tanques de tormentas. Dende o BNG fronte este modelo  reclamamos un sistema  de rede separativa entre augas pluviais e fecais que reduce os volumes de depuración  que o fai máis económico e sostible medioambientalmente.

Rivas salientou que foron investidos 140M€ nunha infraestrutura na que o 94% foi xestionada por “empresas coa súa sede fiscal en Madrid”  que puxo en marcha un modelo se saneamento “obsoleto” baseado nunha rede cun sistema unitario que ademais nos obriga a pagar pola depuración de augas que non están contaminadas como as augas de chuvia. “Este sistema incrementa os custes para os veciños e veciñas e medioambientais a non resolver os verquidos que se seguen producindo”.

“As obras de saneamento e depuración benefician ás empresas que as constrúen  a costa do erario público e da economía dos veciños e veciñas deste concello, remarcou Rivas.

Tras a visita á ria de Ferrol, a portavoz nacional do BNG participou na concentración de persoas pensionistas ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia acompañada polo portavoz municipal, Iván Rivas, o alcalde de San Sadurniño , Secundino García Casal e os ex-parlamentarios do BNG, Francisco Rodríguez e Xosé Díaz e destacados membros do BNG da comarca.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG