Os concellos do BNG contra a pretensión do PP de impedir que as mulleres sexan donas dos seus corpos

O goberno de Carballo amosando nun pleno con camisolas de apoio ao dereito das mulleres a decidiren sobre o seu corpo

Acordos plenarios, actos diversos e pancartas que colgan das fachadas da Casa do Concello son a mostra da campaña nacionalista contra o Anteproxecto de lei do aborto do PP

O Concello de Pontevedra coa pancarta a favor do dereito ao abortoOs gobernos municipais do BNG tamén tecen a súa oposición ao Anteproxecto de lei do Aborto que pretende impor o PP para impedir que as mulleres teñan dereito ao aborto libre e gratuíto. É esta unha lei que atenta contra os dereitos das mulleres, para estas non seren donas do seu corpo, das súas decisións. É esta unha lei clasista, que provocaría que moitas mulleres tivesen que se desprazar a outros estados e que conduce á clandestinidade e aos abortos de risco. É esta unha lei que converte as mulleres en cidadás de segunda, ao lexitimar a súa tutela por parte de profesionais sanitarios que se verán obrigados a actuar como xuíces. É esta unha proposta lexislativa que suscita un elevadísimo rexeitamento social e que suporía unha involución democrática con eliminación de dereitos conquistados ao longo dos anos, hoxe asumidos pola maioría da poboación.

O goberno de Carballo amosando nun pleno camisolas de apoio ao dereito das mulleres a decidiren sobre o seu corpoConcellos gobernados polo BNG adoptaron acordos nos plenos da corporación municipal para instar a Xunta de Galiza a que demande do goberno do PP no Estado español a retirada do Anteproxecto de lei de protección de vida do concibido e da muller embarazada. Ademais, entre outras cuestións, demandar medidas nas áreas sanitarias do noso país para garantir ese dereito e a igualdade no acceso a esta prestación sanitaria.

Son noticia tamén os actos diversos programados. En Ribadeo, concello gobernado polo BNG, unha cadea humana xuntarase a través da ponte dos Santos con concellos de Asturias até Castropol. Video forum, representacións teatrais, charlas e outros actos, constitúen unha mostra da oposición da sociedade galega a unha lei retrógrada e machista.

Pontevedra,Carballo, San Sadurniño ou A Pobra do Brollón, con alcaldes do BNG, penduran xa nas fachadas da Casa do Concello cadansúa pancarta sob o lema 'Polo dereito das mulleres a decidir. Aborto Libre e Gratuíto' . Máis concellos uniránse ao longo destas semanas.

Resulta especialmente chamativa a oposición que a dereita está amosando contra o concello de Pontevedra por esta pancarta, chegando mesmo a unha campaña nas redes para pedir a súa retirada e colapsando o correo municipal durante horas. Esa mesma dereita é a que quere eliminar a capacidade das mulleres a decidiren sobre o seu corpo e é a que combateremos como BNG até a retirada da proposta de Gallardón.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG