Candidatura do BNG ao Parlamento Europeo (2024)

Ana Miranda e Ana Pontón
Ana Miranda e Ana Pontón
Candidatura do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño
  1. Ana Miranda Paz. Eurodeputada do BNG no Parlamento europeo.
  2. Bieito Lobeira Domínguez. Membro da Executiva Nacional do BNG.
  3. Mar Pérez Fra. Profesora da Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria na USC.
  4. Roxelio Santos Queiruga. Mariñeiro e divulgador.
  5. Miriam Opazo Oxea. Creadora audiovisual.
  6. Roberto Pascual Rodríguez. Dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.
  7. Keina Raquel Espiñeira González. Investigadora posdoutoral sobre políticas de migración na UDC.
  8. Artai Gavilanes Vilar. Estudante, implicado no movemento estudantil galego.
  9. Antía Alberte Maneiro. Ambientóloga.
  10. Fernando Camino Carril. Carpinteiro e veciño de Santiso, activista na loita contra a megacelulosa de Altri dentro do colectivo veciñal Santiso Vivo.
  11. Pilar Vázquez Sánchez. Integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova e responsábel de política internacional na organización xuvenil.
  12. Kevin González Santiago. Remeiro, adestrador na Sociedade Deportiva Tirán. Fai parte do grupo de familiares afectados polo naufraxio do buque Vila de Pitanxo.

Suplentes:

  1. María Traba Pérez. Traballadora do sector de atención ao cliente, residente na emigración (Alemaña). Activista feminista.
  2. Xan Xesús Freire Otero. Traballador do SERGAS.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG