Vence pregunta a Feijóo que motivos lle impiden recibir aos alcaldes que rexeitan o taxazo de Sogama

VENCE VISITA PLANTA BARBANZA3W  O BNG considera necesario iniciar o camiño cara un modelo de xestión do lixo alternativo ao de Sogama centrado na incineración, por outro que aposte maioritariamente pola redución, reciclaxe e reutilización como o que representa o Complexo Medioambiental do Barbanza, cuxas instalacións foron visitadas polo portavoz nacional, Xavier Vence, acompañado do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, Concello que en maio deixará a planta de Cerceda para incorporarse a Lousame.

Tras a visita, Vence lanzou como proposta na que “debería empezar a traballar a Xunta”, “o planificación e desenvolvemento de plantas comarcais de xestión de residuos distribuídas por todo o país similares a do Barbanza, que prestaran servizo aos concellos, agrupados por criterios de proximidade, que racionalizase custes de desprazamento e que apostase por unha xestión sustentable desde o punto de vista medioambiental, pero tamén económico e social”.

O portavoz nacional salientou a “capacidade de xerar actividade económica e postos de traballo” das plantas de tratamento e reciclaxe de lixo, que no caso das instalación da Planta dVENCE VISITA LOUSAME W2o Barbanza da emprego a 150 persoas da comarca.

Igualmente, Vence foi moi crítico coa imposición unilateral da Xunta do “taxazo” de Sogama, que implica un incremento da factura do lixo do 34% sen negociación algunha cos concellos, e cualificou de “inaudito” que Feijóo se negue a recibir a un centenar de rexedores para falar deste asunto.

“No sabemos cales son as grandes ocupacións da axenda do Sr. Feijóo que lle impiden nada menos que recibir a un cento de alcaldes e alcaldesas que representan a miles de veciños e veciñas de todo o país, nunha actuación prepotente e antidemocrática”, criticou Vence, quen instou ao presidente da Xunta a negociar unha subida unilateral dun servizo básico que suporá nos concellos que Goberna o BNG un incremento da factura de 1,9 millóns de euros.

Vence lembra que os rexedores enviaron por escrito a petición de reunión para manter o encontro este mes, que está a punto de expirar sen resposta algunha por parte do presidente da Xunta.

“Non se pode gobernar instalado nun trágala permanente de medidas que se impoñen de xeito unilateral sen a mínima marxe para a negociación e o diálogo, cando estamos a falar de decisións que afectan directamente ao conxunto da cidadanía, como é o caso deste servizo básico”, alegou o dirixente nacionalista.VENCE LOUSAME W

Pese á situación de case monopolio de Sogama, o BNG aposta por outras alternativas. En concreto, o concello de Rianxo, segundo explicou o seu alcalde, o nacionalista Adolfo Muíños durante a visita, aprobará en pleno en menos dun mes o cambio da planta de Cerceda á de Lousame, co obxectivo de que en maio a recollida e xestión de residuos do municipio se faga en base ao modelo alternativo á incineración que ofrece Sogama.

A portavoz parlamentar de Medioambiente, Ana Pontón, e a secretaria de Política municipal, Goretti Sanmartín, tamén participaron na visita explicativa do modelo de xestión de lixo da planta ubicada no Barbanza.

 

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG