Montse Prado: “Si Rocio Mosquera non dimite, Feijóo debe proceder ao seu cese”

O BNG pide o cese da Conselleira de sanidade, tras a sentenza do TSXG por “desvío de poder” na adxudicación dunha xefatura no Hospital Clínico de Compostela a Manuel Bustamente, marido de Rocio Mosquera, cando a actual titular de sanidade ostentaba a Xerencia do SERGAS

Intervención de Montse Prado no Parlamento (Foto de arquivo)

O BNG pide no Parlamento galego a dimisión da conselleira de Sanidade, tras a sentenza do TSXG por “desviación de poder” na adxudicación dunha praza a Manuel Bustamante, casado coa conselleira Rocío Mosquera cando a actual titular de Sanidade ostentaba a Xerencia do SERGAS.

A deputada nacionalista, Montse Prado considera que tras a publicación desta sentencia, a “conselleira debe dimitir e se non o fai, o Presidente da Xunta debe proceder ao seu cese” ante unha sentencia contundente que non admite apelación.

A sentenza do TSXG proba o abuso de poder para a concesión da praza do marido da conselleira de Sanidade

Prado salienta que “ probado o abuso de poder”, a sentenza do TXSG pon de manifesto a maneira de actuar do Partido popular coa sanidade pública galega. O PP, afirma a deputada, está sometendo a sanidade a un proceso de privatización e negocio para empresas amigas e agora tamén comprobamos como o Partido popular, “sen o menor rubor nin vergoña” favorece a colocación e promoción de familiares.

A deputada recalca que a sentenza do TSXG representa “unha clarísima emenda” á política de nomeamentos de postos de responsabilidade á que nos ten afeit@s o Partido popular como xa ten denunciado repetidamente o BNG.

Lamentabelmente, asegura Prado, “non estamos ante un caso illado nin o acontecido co marido da conselleira pode ser tomado como unha anécdota”, o Presidente da Xunta non pode obviar a gravidade destes feitos argumentando que se trata dunha cuestión interna do hospital, outra vez máis,critica a deputada, Feijóo “mira para outro lado e non exerce a súa obriga de Presidente”.

 Montse Prado

A deputada considera imprescindíbel que a conselleira de sanidade poña a disposición o seu cargo e de non ser así, o BNG pide, a través dunha Proposición non de lei, que sexa o Presidente da Xunta quen proceda ao seu cese.

Na votación da iniciativa nacionalista no Parlamento galego, manifesta a nacionalista, comprobaremos se o PP vota en contra do cese porque no caso contrario , estaremos ante outra evidencia da súa complicidade con actuacións que a xustiza rexeita como acaba de acontecer na sentenza do TSXG.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG