A Xunta responde ao BNG que os produtores de leite deben "aforrar" para as vacas fracas
A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz cualificou de incompetente á directora de Desenvolvemento rural, Patricia Ulloa e preguntou a que hora pensa dimitir.
A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Agricultura sobre as actuacións da Xunta, ante a grave situación do sector lácteo.
Tras a resposta da directora xeral de Desenvolvemento Rural, Patricia Ulloa na que cominou aos produtores de leite a facer caixa para cando os prezos baixen, Tereixa Paz cualificou de insultante para o sector tales afirmacións e insensatas por recomendar aforrar para dar viabilidade ás explotacións.
A Xunta anima @s produtor@s a aforrar
A parlamentaria reprobou que a cargo da Xunta reducira a súa resposta a gardar das gordas para as fracas nun sector que vive unha grande crise e sobrevive grazas a que no ano 2012 fixeron algo de caixa parafraseando á propia Ulloa a que ademais animou a preguntarlle os produtores polo número de explotacións corren o grave perigo de non aguantar ata finais deste mes cos actuais prezos.
Tereixa Paz tamén preguntou porqué despois de gobernar o PP dende o ano 2009 seguen contando a mesma milonga de que son os gandeiros os que deben reducir os custes de produción mentres a Xunta non reacciona.
Neta liña, explicou que existen explotacións que xa reduciron ao máximo, explotando incluso a terra pero aínda así, recalcou, con prezos de 22 ata 27 céntimos resúltalles moi difícil sobrevivir.
A parlamentaria tamén se referiu as afirmacións de Ulloa sobre a necesidade de acostumarse a volatilidade da que dixo, é unha pena que rematara o prazo de emendas á Lei de emprego público porque a someteriamos a vostede a esa volatilidade para fixar os salarios dos directores xerais en base o rendemento.
O Paquete lácteo non defende aos produtor@s
Paz tamén criticou o decreto do Paquete lácteo que Xunta non reforzou con medidas para que os gandeiros conten cos instrumentos necesarios para que os contratos, a un ano, non sexan froito das decisións da industrias. Ningunha das necesidades do sector e das intencións da conselleira para incluír eses mecanismos no decreto, frutificaron e agora ben vostede ven a vendernos a moto de que o Decreto é para velar polos intereses dos gandeiros.
A deputada volveu a recriminar que a directora xeral mentira sobre os datos da superprodución de leite tendo en conta, que o propio secretario xeral do Ministerio, Carlos Cabanas afirmou que se producirían 40.000 ton mentres a Xunta falaba de 250.000 e mesmo proferiu ameazas para que o sector producira menos.
Tereixa Paz rematou a súa intervención coa frase coa que comezou: A que hora ten pensado presentar a súa dimisión, sra. Directora Xeral.