Solidariedade do BNG cos estudantes de Ourense denunciados pola Consellaría de Educación
31 de maio de 2012 (15:57 h.)
Guillerme afirmou que para o BNG non é de recibo a posición que acaba de adoptar a Consellaría de Educación nada menos que levando ao xulgado a estudantes que se mobilizaban en Ourense contra os recortes e a favor de manter o ensino público. Entre eles había mozas e mozos de Galiza Nova.
Para o BNG non é de recibo -subliñou- que o PP insista en criminalizar a quen protestas contra os recortes, a quen defende os dereitos inalienábeis, ao tempo que non mostra esa intensidade en levar aos xulgados precisamente aos banqueiros que un tras outro acaban por arruinar á maioría da sociedade.
Por iso, Guillerme asegurou que a Consellaría de Educación debe reconsiderar esa posición e retirar esa denuncia inmediatamente.
http://youtu.be/YfNzSUzPq6k