Rosana Pérez pide explicacións ao Goberno polo manual da UNED que ataca a toponimia galega oficial
Rosana Pérez pregunta ao Ministerio de Educación sobre o manual virtual La norma en el nivel léxico semántico, denunciado por unha aluna porque un libro da UNED defende o uso de formas toponímicas de Galiza deturpadas como Carballino, Orense, Arteijo, Puerto del Son, Puentes de García Rodríguez, Bayona, Poyo, Villanueva de Arosa, La Coruña, Puentedeume, Puebla del Caramiñal o Villalba.
Un manual censurábel
E engade que nos exames de Comunicación Oral e Escrita en Lengua Española, había unha listaxe de topónimos galegos oficiais marcados como incorrectos e se recomendaba a súa substitución polas formas non oficiais en castelán. O manual mencionado vai incluso máis alá e da a entender que só as Administracións Públicas deben cumprir coa toponimia oficial. Fai tamén unha crtícia sobre o uso da toponimia oficial por parte dos medios de comunicación sinalando que en España moitos periódicos, radios, televisións, non radicados en Galiza utilizan a forma A Coruña cando o lóxico é empregar o topónimo tradicional español de La Coruña.
A deputada do BNG considera que se trata dun manual absolutamente censurábel porque propugna a vulneración las leis e das normas en materia lingüística. Motivo polo que dirixe unha batería de preguntas ao Goberno:
Considera o Goberno normal que manuais da Universidade da UNED aconsellen vulnerar a legalidade vixente en materia lingüística, ensinando ao alunado que non teñen valor nen as normas lingüísticas, nen o respecto á legalidade vixente nen o respecto ao plurilingüismo existente no Estado?.
Rosana Pérez pide ao Goberno que adopte medidas para retirar dito manual.