Prado reclama a Sanidade os informes que avalan o cambio do laboratorio central do Hospital de Vigo
A deputada preguntou ao Goberno por que foi modificado o proxecto para situar o laboratorio central do Novo Hospital de Vigo no Hospital do Meixoeiro
A portavoz de sanidade do BNG,Montse Prado, formulou hoxe unha pregunta parlamentaria en comisión relativa á modificación do proxecto que impide ao Novo Hospital de Vigo contar cun laboratorio central.
Na súa intervención asegurou que os responsábeis da consellería de Sanidade non ofreceron ningunha resposta satisfactoria a anteriores preguntas formuladas polo BNG sobre esta cuestión, falta de respostas responde, dixo a unha escolla ideolóxica do PP para continuar na súa política de privatización.
Nesta liña, engadiu que a construción do novo Hospital vigués é un claro exemplo da política sanitaria do Partido popular destinada a desmantelar a sanidade pública para logo entregárllela á sanidade privada con fondos públicos, o novo Hospital de Vigo sen laboratorio central mentres o Sergas asina un novo concerto con fondos públicos con Povisa.
Ante a resposta de Sanidade que situar o laboratorio central no Hospital do Meixoeiro supón maior eficiencia e menos custes económicos e profesionais, a deputada reclamou os informes que confirman esa aseveración.
O BNG pide a Sanidade que rectifique e priorice a calidade e asistencia dós doentes
A nacionalista anunciou que o BNG continuará presentando iniciativas nesta liña ao fin de que o PP rectifique e poña por diante dos beneficios dalgunhas empresas, a calidade sanitaria e atención que merecen @s doentes dotando de medios e recursos humanos os servizos de análises clínicas, microbioloxía e hematoloxía.
Ademais, tamén acusou á consellería de Sanidade de seguir fielmente o deseño privatizador do PP en Madrid, a pesar de ser sido un absoluto fracaso, manifestou.
Félix Rubial confirma que o Hospital do Meixoeiro acollerá o laboratorio central
Pola súa parte, o director do Servizo Galego de Saúde, Félix Rubial respondeu á deputada do BNG que o Hospital de Vigo suporá o piar da asistencia sanitaria de Vigo e comarca. Estamos, dixo, a falar dun novo CHUVI no que os hospitais do Meixoeiro, Nicolás Peña e o de Beade desenvolverán actividades integradas, non duplicadas.
Rubial confirmou que no Hospital do Meixoeiro concentrarase a actividade ambulatoria e o laboratorio central para garantir as necesidades da poboación.
Os profesionais rexeitan a nova ubicación do laboratorio central
Na quenda de réplica, a deputada cuestionou a ubicación do laboratorio central e preguntou sobre que criterios foi decidida, porque os propios xefes de servizo, explicou, esixiron un informe que vostedes meteron nunha gabeta sen reunirse sequera con eles.
A deputada afirmou que a maior infraestrutura sanitaria do Estado español terá o laboratorio máis pequeno é isto, dixo non é de recibo, máis ben responde a súa liña de seguir privatizando os servizos. Entregue nesta Cámara os informes que avalan a súa decisión, aínda moito nos tememos que non o poden facer porque non os teñen, concluíu.