O PP vota en contra dunha proposta do BNG para frear o cambio de bandeira da flota galega

Daniel Rodas acusou ao Partido popular e ao Ministro Cañete de defender en Bruxelas os desguaces dos barcos

A través dunha Proposición de lei, rexeitada hoxe polo Partido popular no Parlamento galego, o deputado do BNG, Daniel Rodas lamentou que, unha vez máis, Galiza non estea representada “como merece” naqueles foros nos que se decide o seu futuro.

O deputado reclamaba na iniciativa parar o despezamento e e evitar o cambio de bandeira da flota galega como único recurso para a súa supervivencia.

Neste sentido, Rodas respondeu ao portavoz popular, José Manuel Balseiro que o propio Ministro Arias Cañete defendeu en Bruxelas os desguaces dos barcos e foi tamén Arias Cañete quen afirmou que a nos últimos catorce anos a flota española reducida a súa capacidade nun 43 por cento.

Tarxeta vermella e expulsión do PP por xogo sucio

O parlamentario esixiu “responsabilidades políticas” polo que está acontecendo coa pesca galega e cualificou de “escándalo” que o Partido popular xustifique a súa xestión para este sector, “xogando sucio”, e se iso pasara nun partido de fútbol dixo, “a vostedes lle sacariamos a tarxeta vermella e serían expulsados”.

Rodas exculpou ao BNG das acusacións de Balseiro no período bipartito, é verdade dixo, o BNG cogobernou durante case catro anos pero nunca tivo responsabilidades pesqueiras, “non pretenda culparnos a nós da grave situación da flota galega” cando vostedes levan gobernando Galiza máis de 23 anos.

O parlamentario pediu ao PP, con maioría en Galiza e o Estado, que aplique políticas que resolvan os problemas da flota pesqueira como a do Gran Sol que permanece amarrada por agotamento de cotas, “ a xente está no paro e o noso modelo produtivo esmorecendo”, afirmou.

Tomen decisións dunha vez, dixo, e non segan escudándose na propaganda porque de seguir así, “despareceremos como sector e tamén como País”, concluíu.