O PP rexeita a Lei do BNG destinada a regular a publicidade institucional
Co voto en contra, o PP frea o trámite parlamentar para fixar criterios de transparencia, un reparto equitativo e erradicar prácticas clientelares cos medios de comunicación
A parlamentario do BNG, Montse Prado lamentou que, unha vez máis, o grupo maioritario do Partido popular rexeitara tomar en consideración a proposta de lei do BNG para regular de maneira xusta a publicidade institucional nos medios de comunicación.
A deputada comezou co poema Xan de Rosalía para conmemorar os 178 anos do nacemento da máxima expoñente das letras galegas. Prado lamentou non poder saudar a ninguén na tribuna porque, dixo, o Parlamento segue amordazado e non permite que as reivindicacións do pobo galego sexan unha realidade nesta Cámara.
A parlamentaria lembrou que foi a Asociación de Medios en galego a trasladou a iniciativa que estaba a defender tras ser presentada a todos os grupos con representación na Cámara e que dende o BNG asumimos como propia.
Para a deputada resulta urxente dotar a Galiza dunha lei que regule a publicidade institucional e que introduza criterios obxectivos para a adxudicación de recursos públicos. Dos cartos de todos os galegos e galegas que se entregan aos medios de comunicación e rematar coa discrecionalidade. Unha lei, recalcou que permita a transparencia e un reparto equitativo para os medios de comunicación en galego.
Galiza debe ter esa lei que xa foi prometida na campaña electoral do ano 2009 polo Partido popular e que logo, Feijóo e Alfonso Rueda volveron a prometer neste Parlamento.Pero, unha vez máis, o Goberno galego considera que pode enganar a todos os galegos e galegas con promesas electorais. Estamos nun momento, asegurou, no que a formación de opinión realizase fundamentalmente a través dos medios de comunicación, transmisores de xeitos de vida, pensamento e valores.
Resulta polo tanto necesario regular o poder político sobre os medios de comunicación e de aí, a necesidade de poñer en marcha esta lei que hoxe o BNG defende, unha Proposición de lei que determina a contratación de publicidade por parte da Administración pública de Galiza. Esta lei, con 27 artigos e tres disposicións xerais, regula que o galego debe ser o idioma da publicidade institucional de Galiza.
Ademais tamén regula a concorrencia e periodicidade das convocatorias e a elaboración dun plan anual con obxectivos e custes, a publicidade debe estar prevista non pode estar a salto de mata e en función dos intereses partidistas en cada momento.
As axudas aos medios deben garantir a estabilidade laboral dos seus traballador@s con emprego estábel e de calidade así como controlar o que pode e non pode ser publicidade, concluíu.