O PP rexeita a iniciativa do BNG para instar á Xunta a desautorizar a mina de Corcoesto
Os votos en contra do G.P. do PP impediron sacar adiante na Cámara unha proposición non de lei do BNG reclamando a paralización do proxecto de mina a ceo aberto de Corcoesto e que non sexa autorizado por parte da Xunta.
Aymerich insistiu en que non entende que intereses poder ter o presidente Feijóo neste proxecto e por que minte cando fala dos postos de traballo que se van crear, pois mentres o presidente da Xunta fala de 1371 postos a propia empresa di que van ser 271 entre traballos directos e inducidos.
O parlamentar criticou tamén a parcialidade lexislativa da Xunta coa empresa extranxeira, obviando as alegacións presentadas á mina pola Plataforma de afectados e autorizando unha declaración de impacto ambiental que é a reproducción case exacta da declaración presentada pola propia empresa Edgewater Mining CO.
O deputado nacionalista lembrou que a empresa canadiana presentou a solicitude como proxecto industrial estratéxico, coincidindo casualmente ironizou- coa promungación da nova lei de industria, que permite abreviar a tramitación en detrimento da transparencia e da participación cidadá, alén de facilitar a inobservancia da normativa ambiental, paisaxística e patrimonial.