O PP négase a entregar documentación dos contratos con Marcial Dorado

Montse Prado na Comsión de Sanidade

Montse Prado cualifica de “burla” a comparecencia do Secretario Xeral de Sanidade que confirmou non entregar a documentación na Cámara polo seu volume “inmanexable”

A portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado cualificou de “pouco habitual” solicitar unha comparecencia por “petición propia e co trámite de urxencia” para responder a unha pregunta formulada con resposta escrita por un grupo da Cámara en alusión á comparecencia do secretario xeral da Consellería de Sanidade, Antonio Fernández Campa para explicar os contratos do seu departamento coas empresa de Marcial Dorado.

Na súa intervención, Prado cualificou de “burla” e “ manobra do Partido popular” esta comparecencia cando onte, na sesión de control ao Presidente da Xunta, Feijóo afirmou que os expedientes que superaban os dez anos non se conservan e hoxe, “vostede da información dalgúns entre 15 e vinte anos”.

Neste sentido, preguntou quén minte?, o Presidente da Xunta ou o secretario do SERGAS por que as dúas afirmacións son contraditorias, “ou hai expedientes ou non os hai”, sentenciou.

A parlamentaria acusou ao Partido popular de “utilizar de maneira partidista” a información que posúe a Administración e lembrou que BNG solicitou o día 11 de abril documentación sobre adxudicación de contratos, obras e servizos relacionadas con Marcial Dorado así como  facturas emitidas e subvencións concedidas, a día de hoxe, afirmou, “non obtivemos ningunha resposta”.

A deputada tamén se referiu á sesión plenaria na que os grupos da oposición interpelaron ao Presidente da Xunta sobre a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado e na que Núñez Feijoo, “deitou insidias e dúbidas sobre contratos do período do Bipartito”, no BNG, manifestou, non queremos que quede a “mínima dúbida do nosa xestión no goberno” polo que pedimos a documentación para ser entregada á Fiscalía e dirima se existe algún indicio de delito ou responsabilidade.

Prado concluíu reiterando que o PP “agochase baixo o ti máis” pero non aclara a verdadeira relación coas empresas de Marcial Dorado e hoxe, “volveu a utilizar o Parlamento para non responder ás preguntas que dende a oposición formulamos”.