O PP comprometese co BNG a executar o III Plan de Cooperación galega
A deputada do BNG, Carme Adán alertou do incumprimento Goberno tras anunciar as ONGD a intención da Xunta de eliminar os compromisos para ano 2015 e financiar proxectos que deben rematar o 31 de decembro do 2014
A deputada do BNG, Carme Adán defendeu, na comisión de Administración xeral, unha Proposición non de Lei para instar á Xunta a manter e executar os compromisos recollidos no III Plan Director de Cooperación.
A parlamentaria fixo mención da evolución nos orzamentos en cooperación que confirman anualmente a súa diminución:
Ano Orzamentos % orzamentos
2009 11.664.000 euros 0,1 %
2010 9.748.000 euros 0,08 %
2011 7.866.000 euros 0,06 %
2012 6.439.000 euros 0,06 %
2013 4.143.000 euros 0,05 %
2014 3.900.000 euros 0,04 %
A deputada engadiu a táboa de evolución orzamentaria de Cooperación galega a eliminación dos compromisos económicos para o ano 2015, imprescindíbeis para levar a cabo intervencións eficaces e sostíbeis no tempo.
As ONGD galegas, dixo, amosan a súa preocupación lóxica ante esta circunstancia e o anuncio de financiar proxectos anuais que deben rematar antes do 31 de decembro do 2014.
A parlamentaria avanzou que a Coordinadora de ONGD asegura que se perderon proxectos e cooperantes aínda que a Xunta o negue, de 44 cooperantes traballando no ano 2009,dixo, na actualidade hai 6 persoas. Persoas vencelladas a proxectos que resulta imposible programar a un ano vista como xa puxeron de manifesto as propias organizacións.
Adán lamentou que a cooperación en Galiza desapareza por decisión do Goberno galego polo que avanzou que o BNG seguirá moi cerca que se cumpra o acordo acadado hoxe no Parlamento galego e confiou en que serva para achegar posturas coa Coordinadora de ONGD.