Pontón propón "rachar o decreto do plurilingüismo" e iniciar un novo proceso de dialogo
O Plan de Normalización Lingüística debe ser a base do novo proceso de dialogo coas forzas políticas, sociais, sindicais e educativas
A deputada pediu a derrogación do decreto e iniciar un novo proceso de dialogo apoiado no Plan de Normalización Lingüística
A portavoz de cultura do BNG, Ana Pontón formulou hoxe unha pregunta parlamentaria en comisión, sobre a anulación de dous artigos do Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario e a posición que a Xunta a adoptará ante as sentencias do TSXG.
Trala comparecencia do secretario xeral de Politica Lingüística, Valentín García Gómez, a deputada asegurou que a Xunta non ten intención de abrir un dialogo, a Xunta, explicou, pretende que" asumamos o retroceso que consolida o decreto aprobado polo Partido popular.
Ana Pontón convidou ao director xeral de Educación a rachar o decreto do plurilinguismo e iniciar un dialogo sobre as bases do Plan de Normalización Lingüística, esa é unha oferta real de consenso e non o que vostedes propoñen.
A parlamentaria considerou que a Xunta chama dialogo ao que en realidade é un trágala dun decreto que foi cuestionado polo Consello escolar de Galiza, asociacións sindicais, movementos de renovación pedagóxica, grupos parlamentarios da oposición, grupos que defenden o proceso de normalización da lingua galega e a Comunidade educativa.
Pontón manifestou que as palabras do director xeral foron moi reveladoras ao afirmar que se pode falar sobre o galego pero non sobre o decreto no ensino.
A Xunta busca cómplices para a súa política lingüicida
Neste sentido, engadiu que a Xunta pretende buscar cómplices nunha política lingüicida e dende o BNG, manifestou non o imos facer.
Asemade, criticou que o responsable de educación non rebatera os datos sobre as consecuencias do decreto porque sabe moi ben, dixo, que o decreto conduce ao galego á marxinalidade.
Ana Pontón cualificou de falsificación dunha consulta a enquisa realizada pola consellería de Educación da que dixo, deuse o caso nalgún centro que o 51 por cento decidiu que o outro 49% non tiña dereito a ser escolarizado en galego no ensino infantil
Os nenos e nenas que nas súas familias teñen o galego como lingua de comunicación, non o teñen na escola
Para a deputada, a Xunta non está cumprindo coa obriga establecida pola lexislación para fomentar a normalización do idioma galego vostedes, sentenciou están facendo xustamente todo o contrario.
Por qué non preguntan ás familias sobre a supresión dos comedores escolares gratuítos nun momento de crise económica ou sobre os recortes na gratuidade dos libros de texto?, inquiriu Pontón.
A deputada afirmou que a consulta ás familias sobre o idioma galego foi ilegal e reiterou que as sentenzas desarman ás políticas do Partido popular para permitir que o galego cada vez fora recuando máis no ámbito educativo.
Pontón concluíu reterando a súa oferta ao Secretario Xeral de Política Lingüística para "rachar o decreto e inciar un dialogo apoioado no Plan de Normalización Lingüística".