Montse Prado alerta de novos copagos na Sanidade e comina á conselleira a falar coa cidadanía
A parlamentaria formulou unha pregunta ao Goberno sobre a privatización da sanidade pública galega
A deputada do BNG, Montse Prado denunciou hoxe, a través dunha pregunta parlamentaria, a sistemática privatización da sanidade pública galega que enmarcou dentro das principais prioridades do Partido popular.
A deputada criticou que a conselleira se relacione exclusivamente cos profesionais que lle regalan a orella polo que suxeriu que tamén fale cos que a apupan en Ferrol ou Ourense e cos que sairán hoxe a rúa para defender a sanidade pública galega contra os continuos recortes do Partido popular.
Non sega vostede, dixo, falando só cos selectos escollidos, na súa maioría masculinos, fale con todos e todas e escoite as protestas como as que se van producir dentro duns minutos nas rúas galegas.
Vostedes, afirmou, actúan como liquidadores e exterminadores da sanidade pública do noso país, durante os últimos anos levan aplicando todo tipo de medidas que afondan nese demantelamento, implantación de copagos, derivación de menores a centros privados, taxas de reposición e agora, o Comité de sabios recomendan novos copagamentos para os servizos públicos.
A deputada lamentou que a conselleira asuma os ditados de Madrid sen cuestionar as graves consecuencias das medidas para todos os galegos e galegas, persisten no seu empeño privatizador e na conflitividade nos centros sanitarios.
Prado aludiu ao conflito laboral de Povisa onde os traballador@s iniciaron unha folga que se viron obrigad@s a aprazar polo impedimento da empresa a exercer este dereito, a Inspección de traballo mira para outro lado e a titular de Sanidade tamén, recalcou.
A parlamentaria tamén se referiu ao deterioro das instalacións sanitarias entre as que destacou os problemas de estrutura do Hospital do Meixoeiro, a ampliación do Hopital do Salnés sen data para a súa ampliación ou a aprobación da xestión clínica, as costas dos profesionais.