Contra a LOMCE, e en defensa dun ensino público de calidade,
O BNG apoia a manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contra a LOMCE que se celebra mañá en Santiago de Compostela, nun acto reivindicativo organizado en tornor a catro marchas que parten desde diferentes puntos da cidade para confluir na Praza das Praterías. En concreto, o portavoz nacional, Xavier Vence, se sumará á marcha que partirá do Viaducto da Rocha ata o centro da capital galega.
Para a formación nacionalista, esta lei auspiciada polo ministro de Educación, José Igncio Wert, favorece a españolización do alunado en Galiza en particular en materia lingüística, aposta pola privatización e por fomentar o ensino privado en detrimento do público e promove unha educación confesional e antipedagóxica, que ten merecido un rexeitamento maioritario da comunidade educativa.
Consulta aquí os actos previstos polo plataforma convocante: