Jorquera ve na demisión do Valedor do Pobo unha boa noticia que chega tarde

O candidato do BNG á Xunta, Franciso Jorquera, considera que a demisión do Valedor do Pobo "é unha boa noticia pero chega tarde".

Jorquera lembra que o Valedor debería ter demitido hai tempo e reitera que para o BNG esta Institución “é moi necesaria, máxime nun contexto de crise económica como o actual, e cómpre prestixiala”

O candidato do BNG amosou a colaboración do BNG para o relevo de Benigno López, “porque estamos dispostos a contribuir a prestixiar esta institución”.

Esta institucion, é necesaria e debe ser prestixiada.

Nese sentido, manifestou a boa disposición do grupo nacionalista a consensuar con outras forzas parlamentares unha persoa que estea á altura da dignidade que representa esta institución.

Desde logo, o candidato do BNG deixou claro que "en ningún momento cuestionamos esta institucion, é necesaria e debe ser prestixiada".