Jorquera acusa a Feijóo de crear crear falsas expectativas aos preferentistas
O deputado reprobou o dobre xogo dos populares por votar favorablemente na Cámara galega a Proposición de lei do BNG para suprimir a quita e rexeitar a mesma proposta en Madrid para seguir manténdoa
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera manifestou hoxe, en sede parlamentar, que o Partido popular tivo un comportamento bochornoso no pleno celebrado esta semana ao que sumou o dobre xogo de votar no Parlamento galego a favor da Proposición de lei do BNG para eliminar a quita aos afectados polas preferentes e o mesmo día, votar a favor no Congreso en Madrid a favor de mantela.
Ante os medios de comunicación, Jorquera aludiu ás explicacións de Feijóo para xustificar ambas votacións que o deputado do BNG cualificou de irrespetuosas cos cidadáns, o Parlamento galego e unha burlaaos os afectados polas participacións preferentes.
O nacionalista explicou que o Presidente da Xunta acusa ao BNG de trasladar unha iniciativa ao Parlamento galego sobre a que non ten competencias e lembrou que a Lei 9/2012 que establece a quita, invade competencias e o Parlamento galego ten a obriga de defendelas, polo tanto, dixo, está lexitimado legalmente para iniciar a reforma dunha lei estatal.
As manifestacións de Feijóo evidencian o seu desprezo polo Parlamento e certifican que non acredita no autogoberno.
O portavoz do grupo nacionalista censurou que o Presidente da Xunta argumentara que o BNG responsabilizarao tamén dos afectados de Bankia e outras entidades financeiras ao seren rexeitada a iniciativa do BNG no Congreso, argumento sobre o que o deputado mostrou a súa perplexidade e do que dixo que os afectados de Bankia tamén teñen dereito á devolución total dos seus aforros.
Feijóo segue burlándose d@s galeg@s
Jorquera afirmou que Feijóo volve a burlarse dos pequenos aforradores galegos e a vender fume para xustificar a súa traizón anunciando que nas próximas semanas 20.000 persoas que non superen os 10.000 euros recibirán a totalidade dos seus aforros dando por zanxado en falso un problema que afecta a moitos mais aforrador@s que foron enganados e estafados.
O parlamentario indicou que unha vez máis Feijóo pretende xustificar o inxustificable e crear falsas expectativas ao conxunto dos estafados por participacións preferentes porque os que superan os 10.000 euros son a maioría d@s afectad@s e a vía da arbitraxe só resolveu o 18 por cento do volume total de preferentistas galegos.