Galiza á cola do emprego das persoas con discapacidade
A deputada do BNG, Carme Adán acusa á conselleira de Benestar de colgarse medallas a pesar da súa intención de seguir recortando as liñas de axudas en dependencias
Pleno-. A deputada do BNG, Carme Adán retou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar a desmentir que Galiza non estea a cola da empregabilidade de persoas con discapacidade.
Tras a intervención en sesión plenaria da conselleira, Beatriz Mato para informar, por petición propia, das actuacións e desenvolvemento , no ano 2013, da integración social e laboral das persoas con discapacidade, a deputada nacionalista acusou a titular de Benestar de utilizar o Parlamento galego para colgarse medallas que non lle corresponden ,a tenor dos datos de Galiza sobre empregabilidade de persoas con discapacidade.
Adán reprochou á conselleira a súa intención de seguir recortando as liñas de axudas a dependentes e furtar á oposición dun verdadeiro debate sobre a xestión política da consellería e pediu a Mato que recoñecera os datos do último informe do Instituto Nacional de Estatística de Madrid, marzo 2013 que constata que Galiza ocupa o quinto lugar pola cola en emprego de persoas con discapacidade.
A deputada criticou a redución das subvencións para orientadores, medidas que estendeu o 065 do que dixo, o propio Valedor do Pobo indicou os problemas derivados da falta de atención na demanda das persoas que regularmente precisan asistir a un centro por unha incapacidade intelectual ou ben por acudir de maneira regular.
Nós, engadiu, o que lle plantexamos é que nos explique os plans de futuro a respecto do 065 e vostede segue avogando por recortar máis liñas de axudas aínda que lle chame eufemisticamente reordenar.
Para a parlamentaria, as prazas deben figurar en residencias públicas e non en negocios primeiro subvencionados polo IGAPE para que se constrúan e despois garantir durante anos un canón para conveniar esas prazas.
O transporte do 065, afirmou quedou sen atender e o Goberno segue sen explicar os motivos ao igual que a dependencia nas que as propias entidades reciben constantes queixas de familias con fill@s con discapacidade que non poden acceder a prestacións de dependencia porque a tramitación de recoñecementos ou está suspendida o realizase con enorme lentitude.
A parlamentaria concluíu denunciando a falta de asistencia nos colexios para persoas con discapacidade así como a negativa do Concello da Coruña que lles impide acceder aos campamentos urbanos de día.